Gie é un filme indonesio de 2005 dirixido e escrito por Riri Riza. O filme conta a historia de Soe Hok Gie, un licenciado da Universidade de Indonesia que é coñecido como activista e amante de natureza. O guión baséase no diario escrito polo propio Soe. A trama é unha interpretación dos cineastas, e as escenas que retratan a vida privada de Soe poden ser en parte ficcionalizadas para dramatizar. Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Recibiu 11 nomeamentos no Festival de Cinema Indonesio, gañando tres premios, ao mellor filme, mellor actor para Nicholas Saputra e mellor fotografía.

Personaxes Nicholas Saputra como Soe Hok Gie Jonathan Mulia como Soe Hok Gie de neno Thomas Nawilis como Tan Tjin Han Christian Audi como Tan Tjin Han de neno Sita Nursanti como Ira Wulan Guritno como Sinta Lukman Sardi como Herman Lantang Angelo Bondoc como Herman Lantang de neno

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes dirixidos por Riri Riza Categoría:Filmes rodados en Indonesia