Tansei foi unha serie de satélites artificiais xaponeses usados para facer probas tecnolóxicas. Eran xestionados polo ISAS.
Tansei 1 Tansei 1 foi lanzado o 16 de febreiro de 1971 mediante un foguete M-4S desde o Centro Espacial de Kagoshima. Tiña forma de poliedro de 26 caras cun diámetro de 71,2 cm e 63 kg de masa. O satélite recolleu datos do seu voo que gravaba en cinta magnética para logo retransmitilos a terra. Como alimentación eléctrica usaba baterías capaces de manter o satélite en funcionamento unha semana.
Tansei 2 Tansei 2 foi lanzado o 16 de febreiro de 1974 mediante un foguete M-3C desde o Centro Espacial de Kagoshima. Con 65 kg de masa, a bordo levaba equipamento para probar un sistema de control de actitude magnético, un sistema de supervisión dos sistemas de a bordo e un sistema de telemetría por radio.
Tansei 3 Tansei 3 foi lanzado o 19 de febreiro de 1977 a bordo dun M-3H desde Kagoshima. A súa esperanza de vida era de dúas semanas. Pesaba 134 kg e foi adicado a medir o rendemento do seu foguete lanzador, experimentar cun novo sistema de estabilización magnética e medir a radiación ultravioleta.
Tansei 4 Tansei 4 engalou o 17 de febreiro de 1980 sobre un M-3S desde Kagoshima. Pesaba 134 kg e foi adicado a medir o rendemento do foguete lanzador M-3S e facer probas a bordo con novas tecnoloxías.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ISAS Centro Espacial de Kagoshima
Categoría:Satélites artificiais