Carl Johan Gustaf Snoilsky, nado en Estocolmo o 8 de setembro de 1841 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1903,Westrin, Th. (1917). Páxina 131. foi un diplomático e poeta sueco, o máis salientable dos primeiros realistas. A súa vida e a súa obra exerceron unha grande influencia no dramaturgo Henrik Ibsen, en particular na súa obra Rosmersholm.Glavan, M. (2019). "Henrik Ibsen in Carl Snoilsky". En Stati inu obstati: revija za vprašanja protestantizma (en esloveno). Vol. 29. Nº 19. Xuño. Páxinas 164-166.
Snoilsky foi tamén un reputado numismático, e presidiu a Sociedade Numismática Sueca desde 1891 ata a súa morte. Tamén foi membro da Academia Sueca.
Traxectoria
Orixe, primeiros anos e formación Snoilsky naceu en 1841 en Estocolmo, fillo da condesa Sigrid Banér, pintora, e de Nils Snoilsky, xuíz de paz e conde camarlengo.Lewan, B. (2006).Warburg, K. (1905). Páxina 15.
Canto ás súas orixes familiares, Carl Snoilsky asegurou ter como antepasado un pastor protestante de Carniola, Eslovenia, que se facía chamar Labacus.Glavan, M. (2019). Tal afirmación, popularizada en Eslovenia polo poeta Anton Aškerc, non foi plenamente probada, mais é verosímil. Ese nome asociouse ao reformador protestante carniolano Johann Snoilshik.Glavan, M. (2019). "Janž Znojilšek: verski in slovstveni reformator" ["Janž Znojilšek: un reformador literario e relixiosos]. En Stati inu obstati: revija za vprašanja protestantizma (en esloveno, inglés e alemán). Vol. 29. Nº 19. Páxina 227.
Carl Snoilsky cursou os seus estudos primarios na Escola Klara e a educación secundaria no Stockholms lyceum, e en 1860 ingresou na Universidade de Upsala, onde comezou os estudos de Diplomacia, que abandonou para comezar a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores sueco.Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 294.
Carreira literaria e numismática Xa en 1861, baixo o pseudónimo de Sven Tröst, comezou a imprimir uns poemas, e de camiño converteuse nun dos personaxes centrais da brillante sociedade literaria da capital sueca. En 1862 publicou unha colección de poemas titulada Orchideer ("Orquídeas").
Durante 1864 e 1865 estivo en Madrid e en París en misións diplomáticas. Foi en 1869 cando compilou por primeira vez os seus poemas baixo o título de Dikter ("Poemas"), xa non con pseudónimo, senón co seu nome real. A partir dese momento, Snoilsky situouse entre os poetas contemporáneos máis eminentes do seu país. O seu libro Sonnetter ("Sonetos"), de 1871,Véxase "(1871)" en "Publicacións". aumentou a súa notoriedade.Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 295.
Durante o seguinte lustro, Snoilsky abandonou a poesía e dedicouse de cheo ao seu traballo no Ministerio de Asuntos Exteriores, así como ao estudo da numismática e ao coleccionismo de moedas. Desde 1891 ata o seu falecemento foi o presidente da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).Wahlquist, G. (2004).
miniatura|esquerda|288x288px|Carl Snoilsky ca. 1900.
En 1876 retomou a creación poética e publicou unha tradución de baladas de Goethe, pola que foi recoñecido en 1902 co premio Letterstedt de Tradución."Letterstedtska priset för översättningar". Litteraturbanken.se No propio 1876 foi nomeado conservador dos arquivos (Expeditionssekreterare) e xefe do departamento político do Ministerio de Asuntos Exteriores, e en 1878 foi ascendido a director adxunto (kansliråd), e sucedeu o bispo Paul Genberg como un dos dezaoito membros da Academia Sueca."Snoilsky, Carl". Svenska Akademien (Svenskaakademien.se).
Mais en 1879 renunciou a todos os seus cargos e marchou repentinamente a Florencia coa condesa viúva Ebba Piper —de solteira baronesa Ruuth—, con quen casou en 1880.
Snoilsky publicou en 1881 un volume de Nya Dikter ("Novos poemas"). Outros volumes de Dikter apareceron en 1883, en 1887 e en 1897. Na década de 1880 publicou tamén poemas como Savonarola en 1883 e Hvita frun ("A Dama Branca") en 1885. En 1886 compilou os seus poemas de tema nacional en Svenska bilder (cunha segunda edición en 1895), que se converteu nun clásico sueco.
miniatura|338x338px|Tumba de Carl Snoilsky no cemiterio de Solna. En 1891 regresou a Estocolmo e foi nomeado bibliotecario principal (Överbibliotekarie) da Biblioteca Real de Suecia, cargo que ocupou ata o seu falecemento en Estocolmo o 19 de maio de 1903.
Os seus poemas foron recompilados novamente, baixo o título de Samlade dikter ("Colección de poemas"), en cinco volumes publicados entre 1903 e 1904.
Publicacións Esta é unha listaxe dos poemarios de Snoilsky, accesibles en liña:
(1869). Dikter. Selegmanns, Estocolmo. (1871). Sonnetter. Selegmanns, Estocolmo. (1881). Nya Dikter 1879-1880. Beligmann, Estocolmo. (1883). Dikter. Germandts, Estocolmo. (1886). Svenska bilder. Seligmanns, Estocolmo. (1887). Dikter. Seligmanns, Estocolmo. (1897). Dikter. Seligmanns. Estocolmo. (1903-1904). Samlade Dikter I (1903);.II (1903); III (1903); IV (1903); V (1904). H. Gebers, Estocolmo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Chisholm, H. (ed.) (1911). "Snoilsky, Carl Johan Gustaf". En Encyclopædia Britannica. Vol. 25. 11ª ed. Cambridge University Press. Páxinas 294-295. Glavan, M. (2019). "Carl Snoilsky (1841-1903)". En Stati inu obstati: revija za vprašanja protestantizma (en esloveno). Vol. 29. Nº 19. Xuño. Páxinas 161-164. Gosse, E. (1914). "Carl Snoisky 1841-1903". En Portraits and Sketches. C. Scribner's Sons, Nova York. Páxinas 227-240. Lewan, B. (2006). "Carl J G Snoilsky". En Svenskt biografiskt lexikon. Vol. 32. Páxina 605. Wahlquist, G. (2004). Carl Snoilsky. Skalden som samlade mynt och böcker. Kungl. myntkabinettet / Svenska numismatiska föreningen. ISSN 0282-4396 Warburg, K. (1905). Carl Snoilsky. Hans lefnad och skaldskap. Hogo Gebers Förlag, Estocolmo. Westrin, Th. (1917). "Snoilsky, 4. Karl (Carl) Johan Gusatf". En Nordisk familjebok. Vol. XXVI. Páxinas 131-135.
Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Uppsala Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Poetas de Suecia Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Presidentes da Sociedade Numismática Sueca Categoría:Diplomáticos de Suecia Categoría:Nobres de Suecia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Coleccionistas