Saliut-7: heroes no espazo (en ) é un filme ruso de 2017 dirixido por Klim Shipenko e escrito por Aleksey Samolyotov. Está protagonizado por Vladimir Vdovichenkov e Pavel Derevyanko. A historia está baseada na misión Soiuz T-13 en 1985, parte do programa Salyut da Unión Soviética; foi a primeira vez na historia que unha estación espacial "morta" foi atracada e posta de novo en servizo. Estreouse nos cinemas de Rusia o 12 de outubro de 2017 a través de Nashe Kino en RealD 3D.

Estreouse en galego o 5 de xullo de 2024 na plataforma dixital AGalega.

Sinopse A Unión Soviética, xuño de 1985. Despois de perder o contacto coa estación espacial Salyut 7, os cosmonautas Vladimir Fyodorov e Viktor Aliokhin tentan entrar na nave baleira e conxelada para devolvela á vida.

Personaxes Vladimir Vdovichenkov como Vladimir Fyodorov (baseado en Vladimir Dzhanibekov) Pavel Derevyanko como Viktor Alyokhin baseado en Viktor Savinykh) Aleksandr Samoylenko como Valeriy Shubin (baseado en Valery Ryumin) Vitaliy Khaev como Yuriy Shumakov Oksana Fandera como Svetlana Lazareva (baseada en Svetlana Savitskaya) Mariya Mironova como Nina Fyodorova Polina Rudenko como Olya Fyodorova Lyubov Aksyonova como Liliya Alyokhina

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes dirixidos por Klim Shipenko Categoría:Filmes de Mosfilm Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego