O paseo de Afonso XII é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na rúa Elduayen e remata na rotonda onde conflúen as rúas Falperra e Pi y Margall. Inaugurouse en 1943 como un bulevar, e leva o nome de Afonso XII de España.

Nela localízase un dos miradoiros máis importantes da cidade, un balcón de balaustrada metálica con bancos e plataneiros onde se atopan dous dos símbolos da cidade: A Oliveira e a escultura A Fada e o Dragón. A primeira remite ao pasado vigués, cando a burguesía da cidade apoiara a Xoana de Castela durante a sucesión da coroa de Castela. Daquela, a cidade estaba ateigada de oliveiras, que foran arrasadas e queimadas como represalia. A oliveira do paseo de Afonso XII lembra esta efeméride, e emula o crecemento da árbore como metáfora de crecemento da cidade. A segunda é unha escultura de Xaime Quesada, homenaxe a poetas, trobadores e cancioneiros da tradición oral galega.

Elementos singulares A Oliveira A Fada e o Dragón Miradoiro do Paseo de Afonso XII Fonte do Paseo de Afonso XII

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos "Oliveira dos cen anos"

Categoría:Rúas de Vigo