María Vieites Díaz, nada en Ribadeo en 1991, é unha científica galega, investigadora en física de altas enerxías.
Traxectoria Tras facer o ensino medio no IES Porta da Auga de Ribadeo, estudou na Universidade de Santiago, onde tras rematar CC. Físicas doutorou se en 2019 cunha tese sobre o estudo das diferenzas de comportamento entre materia e antimateria mediante a análise de amplitudes en decaementos de mesóns B no experimento LHCb do CERN.
Fixo o posdoutoramento no LPHE (Laboratoire de Physique des Hautes Energies; en galego, Laboratorio de Física de Altas Enerxías) obtendo un posto no programa Ramón y Cajal, co que, tras varios anos no CERN e na École Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL, Suíza), retornou a Galicia no 2024.
En xuño de dito ano, foi nomeada coordinadora adxunta no experimento LHCb do CERN, un equipo de que forman parte máis de 1700 persoas dun cento de institucións de 22 países. O seu nomeamento coincidiu coa fase previa a pasar a formar parte do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) en setembro de 2024.
No 2025, forma parte do equipo que estuda a violación CP (carga - paridade) na desintegración do barión beauty-lambda (Λb), no LHCb.
Ten sido relatora en diferentes congresos e seminarios en Europa e América, tendo participadou en numerosas publicacións.https://indico.cern.ch/event/982304/contributions/4148323/attachments/2162911/3649804/mvieites_attenuationmaps.pdfhttps://www.researchgate.net/scientific-contributions/Maria-Vieites-Diaz-2132779306
Recoñecementos
No 2020 foi recoñecida mellor científica galega menor de 30 anos.
Sendo coordinadora adxunta do LCHb, os membros das claboracións do LHC recibiron o Premio Breakthrough.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
IGFAE e LHCb
Ficha no LPHE
Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1991 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes