Rang-e Khodā (en ) é un filme iraniano de 1999 dirixido por Majid Majidi. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 72ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Un neno cego chamado Mohammad sae da súa escola especial en Teherán para as vacacións de verán. O seu pai, Hashem, avergoñado e agobiado pola cegueira de Mohammad, chega tarde para recollelo e despois trata de convencer ao director de que Mohammad quede na escola tamén polo verán. O director négase, polo que Hashem finalmente leva a Mohammad a casa.

Personaxes Hossein Mahjoub como Hashem (pai de Mohammad) Mohsen Ramezani como Mohammad (neno cego) Salameh Feyzi como avoa de Mohammad

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 72ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Majid Majidi Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes ambientados en Irán Categoría:Filmes rodados en Irán