miniatura|Páxina do título da edición de 1803 de Zoonomia Zoonomia, cuxo título completo é Zoonomia; or the Laws of Organic Life, (1794–96) é unha obra en dous volumes de Erasmus Darwin que trata sobre patoloxía, anatomía, psicoloxía e o funcionamento do corpo. Está enmarcado principalmente na psicofisioloxía asociacionista. Hoxe en día, o libro lémbrase principalmente por expresar algunhas das primeiras ideas sobre a teoría da evolución, especificamente formas de desenvolventismo similares ás do lamarckismo. Porén, malia a conexión familiar de Erasmus Darwin como avó de Charles Darwin, as ideas protoevolucionistas que se encontran en Zoonomia non tiveron unha influencia duradeira.
Resumo O primeiro volume, publicado en 1794, divídese en 40 capítulos, tratando diversos temas relacionados co corpo, os sentidos e as enfermidades. Clasifica os movementos corporais e sensoriais como "irritativos", "sensoiais", "voluntarios" e "asociativos". Presenta teorías sobre a produción e clases de ideas, e busca explicar as causas e mecanismos do sono, ensoñación, vértixe e embriaguez. Despois discute a anatomía, especialmente o funcionamento do sistema circulatorio e varias glándulas. O capítulo 29, "The Retrograde Motions of the Absorbent Vessels" (Os movementos retrógrados dos vasos absorbentes), é a tradución de Erasmus Darwin da última monografía do seu fillo Charles Darwin (tío do evolucionista Charles Darwin). A estes capítulos anatómicos séguenlles catro capítulos sobre doenzas, que se basean na súa clasificación dos catro tipos de movemento para identificar catro tipos de doenzas: as doenzas de iritación, de sensación, de volición e de asociación. Dous capítulos, "Of the Oxygenation of the Blood in the Lungs and Placenta" (Da oxixenación do sangue nos pulmóns e placenta) e "Of Generation" (Da xeración) desenvolven as súas teorías sobre a reprodución humana, incluíndo observacións relacionads coa evolución. O capítulo final do primeiro volume é unha reimpresión dun artigo doutro dos fillos de Erasmus Darwin, Robert Darwin (pai do evolucionista Charles Darwin), sobre o espectro ocular.
O segundo volume, publicado en 1796, está centrado na clasificación das doenzas en clases, ordes e xéneros. O libro está dividido en catro grandes capítulos baseados nas súas catro clases de doenzas: doenzas de irritación, sensación, volición e asociación. Por medio de entradas ao estilo enciclopédico sobre varias doenzas, explica os seus síntomas e mecánica subxacente, o que vai seguido de suxestións para o seu tratamento. Despois das catro clases de doenzas, E. Darwin presenta unha longa explicación da súa propia teoría da febre, na cal di que "pode denominarse teoría simpática das febres, para distinguila da teoría mecánica de Boerhaave, a teoría espasmódica de Hoffman e Cullen, e a teoría pútrida de Pringle." Despois proporciona unha listaxe sistemática de "materia médica", ou "substancias, que poden contribuír á restauración da saúde." Estas substancias divídense en sete clases: nutrientia, incitantia, secernentia, sorbentia, invertentia, revertentia, e torpentia.
Relevancia para a evolución O historiador da ciencia e biólogo Stephen Jay Gould dixo que "Zoonomia debe a súa reputación moderna a uns poucos pasaxes breves que consideran a transmutación orgánica favorablemente."
Citas clave
Herdanza dos caracteres adquiridos
En Zoonomia, Erasmus Darwin era partidario da herdanza dos caracteres adquiridos. Afirmou que "Desde o seu primeiro rudimento ou primordio ao termo das súas vidas, todos os animais sofren perpetuas transformacións; as cales son en parte producidas polos seus propios esforzos como consecuencia dos seus desexos e aversións, dos seus praceres e sufrimentos, ou de irritacións, ou de asociacións; e moitas destas formas adquiridas ou propensións son transmitidas á súa posteridade [descendencia]." Estas afirmacións son similares ás ideas de Lamarck sobre evolución (ver lamarckismo).Zirkle, Conway. (1935). The Inheritance of Acquired Characters and the Provisional Hypothesis of Pangenesis. The American Naturalist 69: 417-445.
Darwin avogaba por unha hipótese de panxénese na terceira edición de Zoonomia.Deichmann, Ute. (2010). Darwinism, Philosophy, and Experimental Biology. Springer. p. 42. "Entre os outros autores estaba Buffon, que propoñía "moléculas orgánicas" con afinidades por varios órganos, e, en especial, Erasmus Darwin, que en 1801 anticipou o concepto do seu neto da panxénese, suxerindo que se desprendían pequenas partículas de partes dos corpos de ambos os proxenitores; e que circulaban polo sangue, acabando nos órganos sexuais, onde podían combinarse durante a reprodución para formar o núcleo dun descendente."
Influencia
O poeta romántico inglés William Wordsworth usou a Zoonomia de E. Darwin como fonte para o poema "Goody Blake and Harry Gill", publicado no libro Lyrical Ballads (1798). Ver tamén: Averill, james. (1978). "Wordsworth and 'Natural Science': The Poetry of 1798." Journal of English and Germanic Philology. 77(2). 232–46.
Zoonomia é o nome dun proxecto de aliñamento de secuencias xenómicas, que trata de explorar as bases xenéticas dos caracteres herdables, a conservación da biodiversidade e as doenzas humanas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
James Harrison. (1971). Erasmus Darwin's View of Evolution. Journal of the History of Ideas 32 (2): 247–264.
Ligazóns externas Zoonomia vol. I texto completo - Project Gutenberg Zoonomia vol. II texto completo - Project Gutenberg Google book - texto completo
Categoría:Libros de bioloxía Categoría:Libros de medicina Categoría:Ensaios de 1794