Ada Apa Dengan Rina é un filme de Brunei de 2013 producido por Regalblue Production. É a segunda longametraxe producida en Brunei, despois do filme de 1968 Gema Dari Menara. Ada Apa Dengan Rina foi rodado en malaio de Brunei, un dialecto empregado en Brunei no día a día. Esta é a primeira vez que un dialecto deste tipo se reproduce nas grandes pantallas de cinema. A película tamén é a primeira en implicar o talento creativo e técnico totalmente locais, incluíndo os membros do elenco.
Sinopse Hakim, un home guapo cun traballo ben remunerado aínda está na procura do seu único verdadeiro amor. O seu compañeiro de casa, Faisal, preséntalle unha teoría sobre quen pode ser esa persoa. Segundo el, a persoa perfecta chámase Rina.
Personaxes Syukri Mahari como Hakim Tauffek Ilyas como Faisal Dayangku Moniri Pengiran Mohiddin como Rina Haji Mohd Firdaus Haji Salleh como Elvis Norharizah Haji Sisi como Tini
Notas
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua malaia Categoría:Filmes de Brunei Categoría:Filmes ambientados en Brunei Categoría:Filmes rodados en Brunei