Le Silence de la forêt é un filme de 2003 dirixido por Bassek Ba Kobhio e Didier Ouenangare. É o primeiro filme da historia do cinema da República Centroafricana. Foi coproducido por Gabón, o Camerún e Francia.JC Woodfrok (2006) Culture and Customs of the Central African Republic, Greenwood Press, pg. 150 É unha adaptación da novela homónima escrita por Étienne Goyémidé. O filme baséase no grupo étnico aka, unha minoría pigmea, e aborda significativamente o racismo dos africanos modernos cara a eles.
Sinopse Gonaba (Eriq Ebouaney), un inspector educativo rexional da República Centroafricana séntese frustrado e desanimado despois de traballar nun réxime militar durante máis dunha década. Axiña comeza a interesarse na defensa da tribo pigmea aka, que xeralmente é ignorada e maltratada pola sociedade e cuxa existencia adoita estar ameazada pola urbanización e o desenvolvemento económico.
Personaxes Eriq Ebouaney como Gonaba Nadège Beausson-Diagne como Simone Sonia Zembourou como Kali Philippe Mory como Prefecto
Notas
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes da República Centroafricana Categoría:Filmes do Camerún Categoría:Filmes de Gabón Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre racismo