Wilaya (en ) é un filme español de 2011 dirixido por Pedro Pérez Rosado. O filme é un drama minimalista sobre unha familia refuxiada saharauí que se enfronta de súpeto á morte da nai e ao regreso da irmá máis nova, que vivira a maior parte da súa vida en España, o que reflicte o separación de moitas familias saharauís.
Sinopse Fatimetu é unha nena saharauí que regresa para o enterro da súa nai nun campo de refuxiados saharauís logo de 16 anos vivindo en España. O seu irmán máis vello Jatri dille a Fatimetu que, na súa última vontade, a súa nai deixoulle tanto a jaima (tenda) da familia como a responsabilidade de coidar da súa irmá discapacitada, Hayat. Ela merca unha camioneta vella e atopa traballo transportando mercadorías entre os campamentos (wilayas), mais Fatimetu está dividida entre a vida no deserto e os recordos da súa familia de acollida española e os seus amigos.
Personaxes miniatura|dereita|As actrices saharauís Aziza Brahim e Memona Mohamed, durante unha conferencia de prense na presentación de Wilaya, en Donostia, o 26 de abril de 2012. Nadhira Mohamed como Fatimetu Memona Mohamed como Hayat Aziza Brahim como Sdiga Ainina Sidagmet como Said Mohamed Mouloud como Jatri
Rodaxe O filme foi rodado completamente no campamento de refuxiados saharauís de Tinduf, en Alxeria.
Notas
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do Sáhara Occidental