miniatura|320x320px|Imaxe do mundo físico, captada polo Telescopio Espacial Hubble. Esta visión composta abrangue o espectro visible e de radiación infravermella próxima, revelando aproximadamente 10.000 galaxias en varias etapas de formación estelar. O termo mundo deriva do latín mundus, mundi e refírese á totalidade das entidades, ao conxunto da realidade ou a todo o que existe.

A conceptualización do mundo foi abordada de maneiras diversas en distintos campos do saber. Algunhas concepcións ven o mundo como único: non pode haber máis que un mundo. Outras falan dunha "pluralidade de mundos". Algúns ven os mundos como cousas complexas compostas de moitas substancias como as súas partes, mentres outros sosteñen que os mundos son simples no sentido de que hai só unha substancia: o mundo como un todo.

miniatura|319x319px|Simulación a partir das observacións do Telescopio Espacial James Webb de dúas galaxias espirais nun choque prolongado de dous mil millóns de anos, que finalmente se funden nunha única galaxia elíptica. O James Webb non só "ampliou" a nosa visión física do universo ao permitirnos ver máis lonxe e con maior claridade, senón que expandiu a nosa comprensión conceptual do universo, afectando ás teorías sobre a cosmoxénese, a evolución das galaxias, a natureza dos exoplanetas, e as posibilidades de vida noutros mundos.

Definicións e acepcións

O conxunto de todo o que existe. Esta acepción abrangue todo o universo coñecido e descoñecido, incluíndo a totalidade do espazo-tempo. Sinónimos parciais nesta acepción son cosmos (usado para referirse ao universo como un todo organizado e harmonioso. O universo. Na concepción máis común e ampla do universo na ciencia, particularmente na física e na cosmoloxía refírese á totalidade do espazo-tempo e á materia (e antimateria) e enerxía que contén. Este uso abrangue o contido físico de todo existente, incluíndo estrelas, galaxias, materia escura, enerxía escura, e todas as formas de materia e enerxía. Tamén se pode usar no sentido de "conxunto", como no "universo de enquisados" nun estudo sociolóxico. O orbe. Emprégase tanto para designar a Terra, como calquera obxecto astronómico esférico. Alén do planeta Terra, unha acepción de mundo tamén se refire a outros posibles astros habitables do universo (p. ex. Ese observatorio dedícase á procura doutros mundos). Xea. Deusa da mitoloxía grega que encarnaba a Terra Nai. Aínda que como nome propio ou común non se usa en galego, é un prefixo común na terminoloxía científica, como en "xeoloxía", "xeografía" etc. O conxunto de cousas ou persoas que teñen unha característica común; por exemplo o mundo de fala románica, mundo árabe, mundo occidental, etc. As expresións "Vello Mundo" (Europa, Eurasia ou Eurafrasia) e "Novo Mundo" (América) recollen tanto esta acepción como territorial ou metafórica, como novo continente. miniatura|Bandeira da Organización Mundial da Saúde (OMS). A Organización Panamericana da Saúde é un organismo encabezado pola OEA e tamén afiliada á OMS, cuxo lema é NOVI MUNDI (novos mundos).A colectividade humana, a sociedade global desde o punto de vista social, económico, político etc.; por exemplo: "O mundo cambiou moito desde a Revolución Industrial". O adxectivo "mundial" refírese a esta acepción, por exemplo "Organización Mundial da Saúde" ou "Mundial de fútbol". A xente en xeral. Por exemplo "Todo o mundo lle quere ben". Conxunto de actividades, relacións sociais etc., que rodean a vida dunha persoa. Por exemplo: "O seu mundo é a familia e nada máis". miniatura|320x320px|"Historia de Tobías e o anxo", obra do s, XVI dun seguidor de Joachim Patinir. Esta pintura mostra unha paisaxe do mundo que reflicte a visión de comezos da Idade Moderna dun escenario estruturado, ligando narrativas bíblicas cun fondo paisaxístico detallado que buscaba unha representación ampla do mundo.

Enfoques académicos e culturais A diversidade de enfoques sobre o concepto de "mundo" inclúe:

Cosmoloxía física. Define o mundo ou universo como a totalidade de todo o espazo e tempo; todo o que é, foi e será, incluíndo o máis pequeno (física de partículas etc.), a grande escala (big-bang, relatividade xeral etc.) e as leis que as conecten (teoría de cordas etc.). Fenomenoloxía. Define o mundo como o maior horizonte ou o "horizonte de todos os horizontes". Filosofía da mente. Contrasta o mundo coa mente, considerándoo como aquilo que é representado pola mente. Teoloxía. Conceptualiza o mundo en relación a Deus. Algunhas relixións, en particular as tres maiores monoteístas, marcaron a visión do mundo como creación divina. Ás veces é empregado o termo "mundanal" como oposto ao "outro mundo" ou alén (na cosmogonía cristiana, na mitoloxía celta etc.). miniatura|Yggrasil, a árbore do mundo da mitoloxía nórdica.

Monismo e pluralismo

Monismo: É unha tese filosófica que sostén que só existe unha cousa en certo sentido. Afirma que o mundo é o único obxecto concreto que existe, o que significa que todos os "obxectos" concretos que atopamos na nosa vida cotiá non son realmente obxectos nun sentido estrito, senón aspectos dependentes do obxecto mundial. Nun monismo de existencia a idea de múltiples universos podería parecer contraditoria, pero en tanto que sostén que só existe un único obxecto concreto, podería argumentar que todo o multiverso é, en realidade, un único ente con múltiples aspectos ou partes que percibimos como universos separados e aínda que sexan percibidos múltiples "universos", todos eles forman parte dunha única entidade conxunta. Nun monismo prioritario, aínda que existan múltiples entidades, todas dependen dunha única entidade fundamental (o mundo ou o universo como un todo). Pluralismo: A negación do monismo, sostén que, en certo sentido, existe máis dunha cousa. As formas de pluralismo afirmarían que o mundo é complexo, composto de obxectos concretos e independentes (para Empédocles eran os catro elementos fundamentais). Segundo o pluralismo, non só existe unha variedade de entidades independentes, senón que estas entidades non dependen dunha única realidade ou condición subxacente para a súa existencia, e mesmo poderían ter distintas leis físicas, sendo unha realidade completa en si mesma, sen necesidade dun substrato común que os conecte.

Notas

Véxase tamén

Antropocentrismo Cosmoloxía física Dimensión Dualismo Espazo-tempo Existencialismo Filosofía da Ciencia Globo terráqueo Historia do mundo Mapamundi Mundialización Ontoloxía Paisaxe do mundo Realidade Teoría do Todo

Categoría:Relixión Categoría:Terra Categoría:Teoloxía Categoría:Metafísica Categoría:Cosmoloxía