Sergio Escudero Palomo, nado en Santovenia de Pisuerga o 2 de setembro de 1989, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo.
Disputou máis de 200 partidos na Primeira División vestindo as camisetas de Getafe, Sevilla, Granada e Valladolid. Destacou especialmente no Sevilla, co que conquistou dúas veces a Europa League. Xogou ademais na Segunda División, co Murcia, o Valladolid e o Deportivo da Coruña, conseguindo cadanseu ascenso cos dous últimos. Militou tamén na Bundesliga de Alemaña nas filas do Schalke 04, co que gañou a Copa de Alemaña en 2011.
Traxectoria
Murcia Nado en Santovenia de Pisuerga, formouse como futbolista nas canteiras do Real Valladolid, o Parquesol e o Betis Valladolid, así como na do Real Murcia, na que ingresou en 2007. Na tempada 2008/09 xogou co filial, o Murcia Imperial, na Segunda División B.
O 13 de xuño de 2009 debutou co primeiro equipo do Real Murcia na Segunda División, xogando os 90 minutos completos na vitoria na casa por 2-1 ante a UD Salamanca. Foi ascendido definitivamente ao primeiro equipo para a campaña 2009/10 e foi o xogador máis utilizado na súa posición (contabilizando 2.250 minutos), pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda B. Schalke 04 No verán de 2010, con 20 anos, deixou España para asinar co Schalke 04 alemán, onde coincidiu cos tamén españois José Manuel Jurado e Raúl González. Debutou na Bundesliga o 26 de febreiro de 2011, nun empate na casa co Nürnberg. Completou a súa primeira tempada no Schalke cun total de 13 partidos disputados co primeiro equipo (xogou tamén varios encontros co filial), e proclamouse campión da Copa de Alemaña tras derrotar por 5-0 ao MSV Duisburg na final, na que entrou ao campo pouco antes do descanso como substituto de Hans Sarpei.
Durante a seguinte tempada contou con poucas oportunidades, sumando só 9 encontros na 2011/12 e ningún na primeira metade da 2012/13.
Getafe esquerda|miniatura|200x200px| Escudero co Getafe en 2015 Ante a falta de minutos no Schalke, en xaneiro de 2013 saíu cedido ao Getafe, onde cubriu a baixa do lesionado Mané. O seu debut na Primeira División tivo lugar o 2 de febreiro, sendo titular nunha vitoria por 3-1 ante o Deportivo da Coruña no Coliseum Alfonso Pérez. Continuou no once inicial durante as seguintes xornadas e acabou a tempada con nove encontros disputados e un gol ante o Zaragoza.
En xullo de 2013 foi traspasado definitivamente ao club da periferia de Madrid, acordando un contrato de cinco anos. Marcou dous goles na súa primeira tempada completa co Getafe, contra o FC Barcelona e o Sevilla, garantindo con segundo deles a vitoria e practicamente a permanencia na máxima categoría. Militou dous anos e medio no club de Xetafe, sumando un total de 63 partidos e 5 goles.
Sevilla En xullo de 2015 fichou polo Sevilla, co que asinou un contrato de catro anos. Durante a súa primeira tempada en Andalucía, ás ordes de Unai Emery, tivo que competir polo posto co francés Benoît Trémoulinas, pero aínda así conseguiu xogar 28 partidos entre todas as competicións, incluídos os 90 minutos da final da UEFA Europa League que o seu equipo conquistou contra o Liverpool no St. Jakob-Park de Basilea.
Durante as seguintes tres campañas afianzouse na titularidade, superando os 100 partidos, case todos saíndo dende o inicio, pero perdeu protagonismo na 2019/20, coa chegada como cedido de Sergio Reguilón. Esa mesma campaña proclamouse por segunda vez campión da Europa League, tras derrotar na final ao Inter de Milán.
Deixou o Sevilla no verán de 2021, ao remate do seu contrato, despois de 176 partidos de 7 goles en seis tempadas.
Granada En agosto de 2021 asinou por un ano co Granada CF tamén de Primeira. Disputou un total de 29 encontros co equipo branco e vermello, sen poder evitar o descenso a Segunda.
Valladolid A continuación regresou ao seu Valladolid natal e ao Real Valladolid, 18 anos despois da súa salida do club, e asinou un contrato de dous anos. Debutou co equipo da súa cidade na primeira xornada da 2022/23 e participou en máis da metade dos partidos da tempada, pero acabou descendendo a Segunda por segundo ano consecutivo. Na seguinte campaña foi capitán e titular indiscutible no equipo de Pezzolano, ao que liderou ata o ascenso á máxima categoría.
Deportivo da Coruña En xullo de 2024, despois de que o Valladolid decidise non renovar o seu contrato, fichou polo Deportivo da Coruña, equipo que acababa de ascender á Segunda División. A súa primeira campaña na Coruña estivo marcada polas lesións, tras sufrir unha luxación de cóbado na pretempada. Non debutou ata a novena xornada contra o Elche no Martínez Valero, onde substituíu nos minutos finais a Rafa Obrador. Sumou seis titularidades nos seguintes dous meses, pero en xaneiro de 2025 tivo que parar para ser operado do cóbado, polo que perdeu case todo o que restaba de tempada, reaparecendo só nas catro últimas xornadas de liga. Pechou a campaña con 14 partidos, a metade deles como titular.
Comezou a tempada 2025/26 marcando no primeiro encontro ante o Granada e sendo titular na metade das primeiras dez xornadas, ata que sufriu unha lesión muscular nunha coxa, perdendo os seguintes tres meses de competición. Ao seu regreso adoptou un papel secundario, sendo o italiano Giacomo Quagliata o lateral esquerdo preferido por Antonio Hidalgo. Disputou un total de 21 encontros na tempada, que culminou co ascenso á Primeira División. Vestiu por última vez a camiseta do Deportivo no derradeiro encontro de liga ante a UD Las Palmas, nunha xornada de festexos en Riazor, co ascenso xa asegurado.
Selección nacional En novembro de 2016 foi convocado pola selección española de Julen Lopetegui para dous partidos contra Macedonia e Inglaterra, pero non chegou a participar en ningún dos dous.
Palmarés Schalke 04 Copa de Alemaña (1): 2010/11.
Sevilla Europa League (2): 2015/16, 2019/20.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaEuropaInclúe partidos de Liga de Campións e Europa League.SupercopaInclúe partidos de Supercopa de Alemaña, Supercopa de España e Supercopa de Europa.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesMurcia Imperial2008/09Segunda B241------241Murcia2008/09Segunda1000----102009/10Segunda25130----281Total club2613000291Schalke 04 II2010/11Regionalliga51------512011/12Regionalliga21------212012/13Regionalliga30------30Total club1020000102Schalke 042010/11Bundesliga602040101302011/12Bundesliga6000----60Total club120204010190Getafe2012/13Primeira9100----912013/14Primeira19210----2022014/15Primeira30240----342Total club585500000635Sevilla2015/16Primeira1516070--2812016/17Primeira2602081103712017/18Primeira27061122--4532018/19Primeira2102070103102019/20Primeira1113070--2112020/21Primeira91103010141Total club1093201443301767Granada2021/22Primeira27220----292Valladolid2022/23Primeira23111----2422023/24Segunda35310----363Total club584210000605Deportivo da Coruña2024/25Segunda14000----1402025/26Segunda21100----211Total club351000000351Total carreira359193424834044524
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do FC Schalke 04 Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña