A Guerra da Independencia de Mozambique, tamén coñecida (en Mozambique) como Loita Armada de Liberación Nacional, ben como Guerra Colonial Portuguesa foi un conflito armado entre as forzas da guerrilla da FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique) e as Forzas Armadas de Portugal. Oficialmente, a guerra iniciouse o 25 de setembro de 1964, cun ataque ao posto administrativo de Chai no daquela distrito (actualmente provincia) de Cabo Delgado, e terminou cun alto o fogo o 8 de setembro de 1974, resultando nunha independencia negociada en 1975.

Ao longo dos seus catro séculos de presenza en territorio africano, a primeira vez que Portugal tivo que enfrontarse a guerras de independencia, e forzas de guerrilla, foi en 1961, na Guerra de Independencia de Angola. En Mozambique, o conflito comezou en 1964, resultado da frustración e a axitación entre os cidadáns mozambicanos, contra a forma de administración estranxeira, que defendía os intereses económicos portugueses na rexión. Moitos mozambicanos resentíanse das políticas portuguesas en relación aos nativos. Influenciados polos movementos de autodeterminación africanos de posguerra, moitos mozambicanos volvéronse, progresivamente, nacionalistas e, de forma crecente, frustrados polo continuo servilismo da súa nación ás regras exteriores. Por outra banda, aqueles mozambicanos máis integrados no sistema social portugués implementado en Mozambique, en particular os que vivían nos centros urbanos, reaccionaron negativamente á vontade, cada vez maior, de independencia. Os portugueses estabelecidos no territorio, que incluían a maior parte das autoridades, responderon cun incremento da presenza militar e cun aumento de proxectos de desenvolvemento.

Un exilio en masa de políticos da intelligentsia de Mozambique a países veciños propiciou un ambiente ideal no cal os independentistas mozambicanos podían planear accións, e crear axitación política, no país. A creación da organización guerrilleira FRELIMO e o apoio da Unión Soviética, a República Popular da China e Cuba, por medio do fornecemento de armamento e de instrutores, levaron ao xurdimento da violencia que continuaría durante máis dunha década.Malyn D. D. Newitt, Moçambique , Encarta..

Desde o punto de vista militar, o continxente militar portugués foi sempre superior durante todo o conflito contra as forzas de guerrilla. Aínda que en desvantaxe, as forzas da FRELIMO saíron vitoriosas, logo da Revolución dos Caraveis en Lisboa, o 25 de abril de 1974, que acabou co réxime ditatorial en Portugal. Mozambique acabaría por obter a súa independencia o 25 de xuño de 1975, logo de máis de 400 anos de presenza portuguesa nesta rexión de África. De acordo con algúns historiadores da Revolución Portuguesa do 25 de abril, este golpe de Estado militar foi impulsado principalmente polo esforzo de guerra e impases políticos nos diversos territorios ultramarinos de Portugal, polo desgaste do réxime entón vixente e pola presión internacional.George Wright, The Destruction of a Nation, 1996Phil Mailer, Portugal - The Impossible Revolution?, 1977Stewart Lloyd-Jones, ISCTE (Lisboa), História de Portugal desde 1974, "O Partido Comunista Português (PCP), que se infiltrou no MFA dende os primeiros días da revolución, decidiu que era o momento ideal para tomar a iniciativa. Moito do fervor radical que seguiu á tentativa de golpe pelo Xeneral Spínola foi fomentado polo PCP, parte dos seus propios planos para se infiltraren no MFA, e mudar o rumbo da revolución na súa dirección.", Centro de Documentação 25 de Abril, Universidade de Coímbra

Antecedentes

Colonia portuguesa Os primeiros da actual rexión na que se sitúa a actual Mozambique eran designados como San e dedicábanse á caza. Dos séculos I a IV d.C., seguíronlles varios pobos bantús que migraran a través do río Zambeze. En 1498, os exploradores portugueses desembarcaron na rexión e estabeleceron varias colonias nela. O ouro e a escravitude eran as principais fontes de riqueza para os europeos; con todo, a influencia era exercida polos colonos locais, e non existía unha administración centralizada.T. H. Henriksen, Remarks on Mozambique, 1975, p. 11 Mentres tanto, Portugal desviaba a súa atención cara a India e o Brasil. miniatura|Escudo da Provincia Ultramarina de Mozambique ata 1975. Contra o século XIX, o colonialismo europeo en África acadou o seu apoxeo. Perdido o control do territorio brasileiro en América do Sur, os portugueses concentráronse na expansión dos territorios africanos. Esta mudanza de política fixo a Portugal entrar en conflito cos británicos. Dende que David Livingstone volveu á rexión en 1858, nun intento de explorar rotas comerciais, os intereses británicos en Mozambique aumentaron, alarmando o goberno portugués. Durante o século XIX, gran parte da rexión da África Oriental estaba baixo o control británico e, como xeito de aumentar aínda máis este control, o goberno británico solicitou diversas concesións ás colonias portuguesas. Como resultado, nunha tentativa de evitar unha confrontación naval coa Mariña Real Británica, Portugal, en desvantaxe, axustou as actuais fronteiras de Mozambique en maio de 1881. O control de Mozambique ficou nas mans de varias organizacións tales como a Compañía de Mozambique, a Compañía de Zambézia e a Compañía de Niasa, que estaban financiadas con man de obra barata polo Imperio Británico, e que traballaban na explotación de minas e na construción de ferrocarril. Estas compañías desenvolvéronse dende a costa cara o interior, estabelecendo plantacións e cobrando impostos á poboación local que, ata entón, resistía á invasión dos colonos.

thumb|Localización de Moçambique na rexión sur de África|esquerda O Imperio de Gaza, ata a data resistente, estaba constituído por un grupo de tribos que habitaban a rexión equivalente a Mozambique e a Zimbabwe. En 1885, foi derrotado, e as tribos restantes foron derrotadas definitivamente contra o ano 1902; ese mesmo ano, Portugal estabelece en Lourenço Marques (actual Maputo) a capital.Malyn Newitt, A History of Mozambique, 1995 p. 571 En 1926, a crise económica e política dá como resultado a implantación do Estado Novo, e leva a reavivar o interese polas colonias africanas. Un sentimento de autodeterminación comezou a nacer en Mozambique logo da segunda guerra mundial, á luz do que ía acontecendo con outras colonias ao redor de todo o mundo, nunha vaga de descolonizacións. Nos anos 50, en Mozambique, nacían as primeiras organizacións de ideais nacionalistas.

Masacre de Mueda

A principios dos anos 60, o descontento dos agricultores era grande. A partir de 1929, o Estado portugués iniciou un forte control sobre as compañías comerciais, especialmente sobre o monopolio que exercían. O goberno de Lisboa pasou a centralizar a política de colonización. Dos produtos producidos en Mozambique para a exportación - algodón, azucre, caju e sisal - o algodón era un dos máis importantes, tendo sido imposta a súa explotación a grande escala. De 4 000 toneladas producidas entre 1931 e 1935, pasouse a cerca de 130% na década de 1960. Asociado a este forte aumento de produción, estaba o elevado número de traballadores, que eran recrutados entre a poboación macondeRevista "Visão História", nº12, xuño de 2011, páx. 37 na rexión de Mueda. O descontento dos macondes tiña que ver, esencialmente, cos baixos salarios, as malas condicións de traballo, o autoritarismo da administración colonialRevista "Visão História", nº12, xuño de 2011, páx. 36 e cuestións económicas - o algodón era comprado por baixo do valor e vendido a un prezo máis alto.

A mediados de 1960, organizouse unha reunión entre o gobernador do distrito de Cabo Delgado, o capitán de fragata Teixeira da Silva, e Garcia Soares, administrador da rexión dos macondes. A Unión Nacional Africana de Mozambique (MANU polas súas siglas en inglés) foi a portavoz dos macondes e á súa fronte estaban Faustino Vanomba e Chibilite Vaduvane. Estaba prevista unha reunión para o día 16 de xuño, na cal os macondes presentarían as súas reivindicacións: prezos de compra máis altos para a produción e uhulu, liberdade para a terra. Fora do edificio no que se celebraba a reunión xuntáronse cerca de 5 000 macondesOs heróis de Mueda celebrando. Con todo, Teixeira da Silva só falou do aumento do prezo ao que ia mercar o algodón, mais non se referiu á «liberdade da terra». Os representantes da MANU reclamaron, e foron detidos á vista da multidão, que protestou violentamente. O gobernador mandou á policía disparar sobre os manifestantes, matando a algúns: fontes locais sinalan 16 mortos; o informe militar sinala 20; e o informe da administración cerca de 30. A FRELIMO, anos máis tarde, dixo que foran 150 as vítimas; e outra fonte, Alberto Joaquim Chipande, nun texto publicado no libro de Eduardo Mondlane Lutar por Moçambique, sinala 600 mortos.

O «16 de xuño» foi unha das primeiras manifestacións de insatisfacción contra o colonialismo, aínda que non foi un movemento politicamente organizado, senón unha manifestación espontánea de campesiños.

Ascenso da FRELIMO En 1951, Portugal designou a Mozambique como territorio de ultramar, como xeito de transmitir ao mundo a imaxe de que a colonia tiña unha grande autonomía. Pasou a ter a designación oficial de Província Ultramarina de Moçambique.Estados novos, estado novo: ensaios de história política e cultural, vol. 1, páx. 489, de Luís Reis Torgal - Google books Mesmo así, o control das provincias ultramarinas continuaba a ser exercido por Portugal. O crecente número de nacións africanas independentes logo da segunda guerra mundial, xunto cos malos tratos á poboación africana, alentou o crecemento do sentimento nacionalista dentro de Mozambique. esquerda|miniatura|Propaganda lanzada polos avións portugueses. No seu libro Lutar por Moçambique (1968), o primeiro presidente da FRELIMO, Eduardo Mondlane, escribiu:Comunidades imaginadas: nação e nacionalismos em África de Luís Reis Torgal, Fernando Tavares Pimenta, Julião Soares Sousa - Google books

Mozambique caracterizábase socialmente polas grandes disparidades entre os portugueses, máis ricos, e a gran maioría da poboación rural. Debido á súa baixa taxa de alfabetización e á preservación das tradicións e dos modos de vida locais, as oportunidades de emprego cualificado e os postos na administración e no goberno eran escasas para as poboacións tribais. Neste contexto, non había espazo para elas no estilo de vida moderno e urbano. Moitos cidadáns africanos sentían que a súa tradición e cultura estaba oprimida pola cultura externa de Portugal. Varios disidentes que se opuñan á política portuguesa e clamaban pola independencia foron forzados ao exilio. A administración portuguesa obrigaba aos agricultores mozambicanos a plantar arroz e algodón para a exportación, deixándolles pouco para a súa subsistencia. Moitos traballadores - máis de 250 mil contra o ano 1960 - foron enviados a traballar nas minas de ouro e diamantes de África do Sur.Malyn Newitt, A History of Mozambique, 1995 páx. 517 Contra o ano 1950, 4 353 mozambicanos, dun total de 5 733, recibiron do goberno colonial portugués o dereito ao voto. A fenda entre os colonos portugueses e a poboación mozambicana é patente polo número reducido de mestizos: preto de 31O 465, dun total de 8–10 millóns de habitantes en 1960, de acordo co censo dese ano.