A existencia de vilas asolagadas no fondo de lagoas é un tema mitolóxico moi común nas tradicións orais, contos e lendas de numerosos países e culturas, incluíndo tamén a mitoloxía galega, con evidente sentido exemplarizante ou moralizante. Son lugares que foron asolagados baixo as augas como castigo divino ó seu comportamento malvado, pecadento e falto de hospitalidade e caridade, e non comprenden aquelas vilas e lugares que sufriron a mesma desaparición a consecuencia da construción dun encoro.Como sería o caso de Portomarín vello ou Castro Candaz, hoxe baixo as augas do encoro de Belesar; Brocos (Agolada), hoxe baixo o encoro de Portodemouros; ou Aceredo, en Lobios, baixo as augas do encoro de Lindoso, xa en Portugal.
O castigo pode ser consecuencia dunha mala acción individualPor unha persoa mala Deus castiga a toda a vila. ou colectiva. A inundación do lugar pode ser consecuencia de chuvias intensas, de enchentes dun río, dun mar embravecido ou dun pozo desbordado. En ocasións é unha muller a causante da desgraza, sexa directa (a muller que garda o pozo ou a fonte) ou indirectamente. No caso da cidade de Reirís, baixo as augas da lagoa de Carregal, foi un mouro meigo quen acabou coa cidade.
Fraguas di que "Son moitas as cidades asolagadas en que se verificou o misterioso afundimento e seguen dando mostras da súa vida no toque das campás, o canto dos galos e a visión de dexerga-las torres do campanario da igrexa", e recolle de Luís Monteagudo Galicia legendaria y arqueológica. Problemas de las ciudades asolagadas, Centro de Estudios de Etnología Peninsular, CSIC, Madrid 1957. a relación de 23 lugares asolagados en Galicia. Xoán Cuba asegura que "se pode afirmar que non hai lagoa en Galicia que non teña a súa cidade asolagada.Dicionario dos serers míticos galegos, s. v. cidades asolagadas.
Os casos máis coñecidos refírense ás cidades de Antioquía, Valverde (localizada en Doniños ou en Cospeito), Duio ou a Lagoa de Cospeito, pero na literatura popular pódese atopar unha chea de casos similares con diferentes variantes. Hai fontes que elevan a cifra de cidades asolagadas a máis de setenta."Moi profunda debe ser esa memoria colectiva cando os testemuños que recollen nos seus libros Murguía, Otero Pedrayo, Risco e Cunqueiro suman máis de setenta cidades míticas que dormen eternamente nas profundidades de ríos, lagos e mares da xeografía galega" (Salvador Aguilella: "Las Alejandrías gallegas", en La Voz de Galicia, 1.10.2000). Tamén Risco recolle esta ampla distribución do mito, cando di que:
E mesmo autores que semellan tan lonxe da Etnografía como Álvaro Cunqueiro:
Orixe da lenda
A pesar da ampla distribución xeográfica do mito, cabe observar unha estrutura basicamente común que non resulta desvirtuada polas variantes locais introducidas polas fontes ou os colectores. En case tódolos casos se retrotrae a lenda ó momento en que Xesús, San Pedro ou a Virxe andaban polo mundo, se ben hai casos nos que se trata de esmoleiros (que por veces son enviados por Deus ou Xesús ou a Virxe disfrazados). Sexa quen fose, chegan a un lugar a pedir polas portas esmola, comida ou acubillo pero tódolos veciños lles pechan as portas sen atendelos, cando non con insultos ou agresións. Tódolos veciños menos o máis pobre do lugar (adoito unha velliña soa e desvalida), que accede a compartir co visitante o pouco que ten (comida, calor, cama). Como castigo ó comportamento dos lugareños, Deus manda caer sobre a vila unha arroiada que acaba por a asolagar, agás a casa do único veciño que se comportou caritativamente en contraposición coa soberbia do resto dos veciños. Os habitantes do lugar morren todos e a vila queda cuberta polas augas, e só en determinados momentos do ano pode ser advertida a súa existencia, ben porque se escoitan cantar os galosPoida que esta sexa a orixe do nome da Lagoa de Gallocanta, en Zaragoza. ou tanxer as campás da igrexa, ben porque asoma sobre a superficie da auga o curuto da torre da igrexa. Isto pode suceder á medianoite -ou, nalgún caso, ó amencer- do día de San Xoán ou do día de Nadal.
Todas estas narracións poden ter a orixe, segundo etnógrafos como Luís Monteagudo ou Taboada Chivite, no achado de restos de posibles poboacións palafíticas que habitarían nas lagoas ou na súa contornaRefiríndose á Antioquía da lagoa de Antela, Taboada Chivite di: "Consideramos como fundamento obxectivo ou real da lenda a posible existencia dunha poboación palafítica no ámbito da lagoa, que serviu de base á fabulación" (px. 228).. Fronte a esta teoría, outros, como Mariño Ferro, manifestan as súas dúbidas.
Precedentes mitolóxicos O mitema do Diluvio Universal como forma de castigo divino contra os humanos repítese desde hai miles de anos. No relato sumerio coñecido como a Epopea de Gilgamesh (2500-2000 aC) xa se describe o diluvio ordenado pola deusa Inanna (ou Ishtar) contra a cidade deste rei mítico e ó que unicamente sobreviven o sabio Utnapishtim e a súa esposa. No libro da Xénese da Biblia, Deus asolaga o mundo durante corenta días ó ver que o pecado se estendía sobre a Terra."O ver o Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que todos os seus pensamentos eran só para o mal, arrepentiuse de os ter posto sobre a terra, pesoulle no corazón. E decidiu: ‑"Vou borrar da terra o home que creei, e con el tamén o gando, as feras e os paxaros, pois mesmo sinto telos feito (Xénese, 6:5-7 ).; só se salvaron Noé e a súa familia (ademais dos animais que acolleron na arca).
Tamén na mitoloxía grega se recolle un feito semellante. No principio dos tempos, tras as Idades de ouro e de prata, Zeus creou os homes da Idade de Bronce, pero resultou que só vivían para a guerra, polo que decidiu castigar á humanidade por considerala unha raza viciosa, desapiadada, provocando un gran diluvio, do que só se salvaron a dous xustos: Deucalión e a súa esposa Pirra."Cando Zeus determinou a destrución da raza de bronce, Deucalión, por consello de Prometeo, construíu unha arca e, dispoñendo nela todo o necesario, embarcouse na compaña de Pirra. Zeus fixo caer desde o ceo unha chuvia copiosa e inundou a maior parte da Hélade, de forma que pereceron tódolos homes" (Pseudo-Apolodoro I, 7.2). E o historiador romano Xordanes refire no século VI que o mesmo mito corría entre os godos.
O poeta romano Ovidio conta nas súas Metamorfoses cómo Zeus baixa á terra a probar a hospitalidade dos humanos e termina castigándoos mediante un diluvio que anega o territorio e que acaba con tódolos habitantes agás unha parella, Filemón e Baucis, que foron os únicos que o recibiron con xenerosidade. Zeus sabía do egoísmo dos habitantes da Frixia e veu comprobalo, acompañado polo seu mensaxeiro Hermes, disfrazados de pobres farrapentos. Efdectivamente, ninguén os acolleu ata que chegaron á casoupa dun vello matrimonio, Filemón e Baucis, que compartiron con eles o pouco que tiñan. Despois de comer e beber (dun pratos que nunca se esgotaban e xarros que nunca se baleiraban), os deuses déronse a coñecer e anunciaron a súa intención de castigar a impiedade dos seus conveciños. Levaron a Filemón e a Baucis ata o cume dun monte e, cando volveron a mirar, viron que todo cando alcanzaba a vista estaba convertido nunha inmensa lagoa, excepto a súa humilde casa, agora transformada nun fermoso templo.Ovidio: Metamorfosis, Libro VIII, 611-724.
Pero a diferenza destes diluvios universais, o caso das vilas asolagadas presenta sempre unha particularidade substancial: o castigo está localizado a unha vila ou lugar concreto e determinado, culpable dun comportamento egoísta, e non contra un amplo territorio e un alto número de persoas. Obsérvese que aínda así sempre se perdoa a un xusto xunto ós seus, de xeito que poden refundar a humanidade. Nalgunha lenda é a muller causante da catástrofe a que se salva, convertida en serea (como o caso da serea de Fisterra) ou serpe.
Algunhas vilas asolagadas Valverde Valverde é un nome común para referirse a diferentes vilas asolagadas, nesta forma ou nas de VilaverdeVillaverde en textos en castelán., Vila Valverde ou Malverde. A tradición xa foi recollida no Libro IV do Códice Calixtino, no século XII, e coñecido como Pseudo-Turpin. No capítulo III o autor nomea as cidades de España que vai conquistando Carlomagno e detense na de Lucerna, situada en Valverde:
No Libro de Turpin non se localiza xeograficamente esta cidade de Valverde, e segundo Xoán Ramiro Cuba no seu Dicionario dos seres míticos galegos, uns cren que está en Cospeito, outros en Valdoviño ou Corrubedo; outras fontes sitúana baixo a lagoa de Doniños (Ferrol).
Denominada tamén como Lucerna, tampouco quedou localizada na literatura popular: "Hai moitas Lucernas e non hai ningunha, dise que está en todas as partes e en ningunha aparece". Uns cren que esta Lucerna está no lago de Carucedo, no Bierzo, outros, en Cospeito (Lugo) ou en Valdoviño (A Coruña). Non falta quen a sitúe no lago de Seabra.Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Lucerna. Risco amplía as posibles localizacións de Lucerna a Carucedo, á Serra de Gredos, Palencia ou Andalucía.Vicente Risco, px. 315.
Na Coruña Na propia cidade da Coruña, na enseada do Orzán, hai unha cidade asolagada, da que en certas ocasións poden verse torres de igrexas, rúas e outros edificios.Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Coruña.
E á entrada da Ría da Coruña hai outra, da que tamén se poden ver edificios e escoitar badaladas. Ó seu carón está a Pena das Ánimas.Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Pena das Ánimas.
Corrubedo, Ribeira No Complexo dunar de Corrubedo, do concello de Ribeira está a Lagoa de Carregal. No fondo desta lagoa atópase a vila asolagada de Reirís, tamén coñecida como Valverde, Malverde ou Bretal.
A lenda conta que un rei mouro pretendeu casar coa filla do rei de Reirís, unha doncela boa, xenerosa e moi fermosa. Este mouro chegou un día de inverno ata o castelo do rei e foi atendido pola princesa, que lle dou de comer e quentouno ante a cheminea. O mouro quedou namorado da princesa e pediu a súa man, pero foi rexeitado tanto por ela como polo pai, que non quería saber nada de mouros. Movido polo despeito, o mouro marchou do palacio ameazándoos: "Arrepentireivos", exclamou. E como tamén era meigo, comezou a tremer a terra, a caerse as casas e provocou tal arroiada que asolagou a cidade causando a morte de todo aquel que non puido fuxir a tempo. O rei e a princesa conseguiron escapar a uña de cabalo, pero o rei puido observar como o mouro, sobre un con, se compracía vendo a desfeita entre gargalladas. E coa mesma colleu a espada e foi a galope contra o mouro que, ó velo vir, colleu medo e intentou fuxir, transformándose en boi -o Boi Bruón- para poder correr máis, pero o rei foi pechándolle as saídas e conducíndoo cara á cidade, xa medio debaixo da auga. O mouro, na súa forma de boi, intentou escapar pero cada vez entraba máis na auga ata que, finalmente, el tamén se veu arrastrado pola enchente e afogou na lagoa.Carré Alvarellos, px. 136-138.Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Reirís e s.v. Boi Bruón.Galiciaencantada.com, Micromitos: Reiriz.
Crese que de cando en vez pode verse saír as burbullas que o boi bota ó respirar, e dise que algunhas noites pode escoitarse o bruído do mouro-boi, pero outros din que se trata dos lamentos da princesa, que vive no fondo da lagoa convertida en serea. En todo caso, a versión máis canónica da lenda di que a princesa e o pai conseguiron salvarse e funda unha nova cidade na contorna, aínda que non se sabe como se chamaría esta nova cidade.