Francisco Garrigós Rosa, nado en Móstoles o 9 de decembro de 1994 é un deportista español que compite en judo na AD Famu de Vigo, baixo licenza galega. Foi campión mundial en 2023, tricampión de Europa (2021, 2022 e 2024) e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2024.

Traxectoria Estudou Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade Alfonso X o Sabio. Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de Judo, bronce en 2021 e ouro en 2023, e sete medallas no Campionato Europeo de Judo entre os anos 2017 e 2024. Nos Xogos Europeos de Minsk 2019 obtivo unha medalla de prata na categoría de –60 kg.

Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán, ocupando o 17.º lugar en Río de Xaneiro 2016 e o noveno en Tokio 2020, na categoría de –60 kg. Nos Xogos Olímpicos de París 2024 derrotou sucesivamente ao belga Jorre Verstraeten e ao xaponés Ryuju Nagayama, acadando así as semifinais, nas que caeu fronte ao kazako Eldos Smetov. No combate polo bronce venceu ao xeorxiano Giorgi Sardalashvili, converténdose así no primeiro medallista español nos Xogos de París.

Palmarés internacional Campionato MundialAnoLugarMedallaCategoría2021Budapest Bronce -60kg2023Doha Oro -60kgXogos EuropeosAnoLugarMedallaCategoría2019Minsk Prata -60kgCampionato EuropeoAnoLugarMedallaCategoría2017Varsovia Bronce -60kg2019MinskPrata -60kg2020Praga Bronce -60kg2021Lisboa Ouro -60kg2022Sofía Ouro -60kg2023Montpellier Bronce -60kg2024Zagreb Ouro -60kgXogos OlímpicosAnoLugarMedallaCategoría2024ParísBronce -60kg

Notas

Véxase tamén Xogos Olímpicos de Verán Xogos Europeos

Ligazóns externas Fran Garrigós no COE

Categoría:Nados en Móstoles Categoría:Deportistas da Comunidade de Madrid Categoría:Judokas de Galicia Categoría:Judokas de España Categoría:Judokas olímpicos de Galicia Categoría:Judokas olímpicos de España Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en judo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024