miniatura| O rectángulo da dereita ten máis contraste que o da esquerda. O contraste defínese como a diferenza relativa de intensidade entre un punto dunha imaxe e o seu contorno. Todos os obxectos percíbense polos contrastes de cor e luminancia que mostran as distintas partes da superficie en cuestión e en relación co fondo no que aparece o obxecto.

Para niveis suficientemente altos de iluminación, o ollo normal é sensíbel ás cores, mentres que para niveis baixos de iluminación, os obxectos percíbense principalmente polo contraste de luminancias que presentan en relación co fondo.

Un exemplo sinxelo é o contraste entre un obxecto de brillo constante sobre un fondo de brillo constante. Se ambas as superficies teñen a mesma luminosidade, o contraste será cero e o obxecto será indistinguible tanto física como sensorialmente do fondo. A medida que aumenta a diferenza de luminosidade, o obxecto será perceptivamente distinguíbel do fondo unha vez que se alcance o limiar de contraste, que é arredor do 0,3% de diferenza de luminosidade (por exemplo: Legge & Kersten, 1987).

En belas artes, o termo non se aplica só ao cromatismo ou intensidade lumínica, senón á oposición intencionada entre diversos elementos dun conxunto, de maneira que resalten as súas calidades peculiares de forma evidente. En pintura, estas calidades ademais de luz e cor poden ser de volume, forma, etc.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Legge e Kersten, 1987. Discriminación de contraste na visión periférica. J Opt Soc Am A. 4(8):1594-8. Indalux. Tecnoloxía da iluminación 2002. Páxinas 26, 27 e 28.

Outros artigos

Cor Cor complementaria Cores cálidas e frías Daltonismo Efecto Purkinje Jan Purkyně Gestalt Ilusión óptica Josef Albers Lei do contraste simultáneo das cores Luminancia Psicoloxía da cor Saturación (cor) Teoría da cor

Ligazóns externas

Cor, brillo e contraste Arquivado Contraste de luminancia Fundamentos da imaxe fotográfica dixital Os sensores "superan" as lentes? Arquivado

Categoría:Vista Categoría:Cor Categoría:Óptica Categoría:Fisioloxía Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Fotografía Categoría:Fotografía dixital