dereita|miniatura|240x240px| O presidente Barack Obama reuníndose co presidente Raúl Castro en Panamá. O desxeo cubano, en inglés United States–Cuban Thaw e en castelán deshielo cubano é un quecemento das relacións Cuba-Estados Unidos que comezou en decembro de 2014, poñendo fin a unha ruptura de 54 anos entre os dous Estados-nación. En marzo de 2016, Barack Obama converteuse no primeiro presidente dos EUA en visitar Cuba desde 1928.
Fondo O 17 de decembro de 2014, o presidente estadounidense Barack Obama e o presidente cubano Raúl Castro anunciaron o inicio dun proceso de normalización das relacións entre Cuba e os Estados Unidos. O acordo de normalización foi negociado en segredo nos meses anteriores, sendo supervisado polo Papa Francisco e acollido en grande parte polo Goberno de Canadá.
Celebráronse reunións en Canadá e na Cidade do Vaticano. O acordo suporía o levantamento dalgunhas restricións de viaxe dos Estados Unidos, menos restricións ás remittancesUnha remittance ou remesa pode significar diñeiro que se envía a alguén doutro país. e o acceso dos bancos estadounidenses ao sistema financeiro cubano.
Efectos O 14 de abril de 2015, a administración Obama anunciou que Cuba sería eliminada da lista de patrocinadores do terrorismo dos Estados Unidos. Sen ningunha acción do Congreso para bloquealo no período de tempo permitido, Cuba foi retirada oficialmente da lista o 29 de maio de 2015. Isto marcou un novo afastamento dos Estados Unidos do conflito da Guerra fría e a distensión nas relacións Cuba-Estados Unidos.
O 20 de xullo de 2015, as "seccións de intereses" de Cuba e Estados Unidos en Washington, D.C. e na Habana pasaron a ser embaixadas, marcando o restablecemento das relacións diplomáticas que se romperan en 1961.
Presidencia de Trump O 16 de xuño de 2017 o presidente Donald Trump anunciou que estaba a "cancelar" os acordos das administracións de Obama con Cuba, ao tempo que expresou que se podería negociar un novo acordo entre os gobernos de Cuba e Estados Unidos.
Presidencia Biden En maio de 2022, a administración Biden anunciou novos cambios que reverteron as medidas de Trump cara a Cuba. Eliminouse o límite das remesas familiares e ampliouse o persoal da embaixada da Habana para tramitar visados.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Estados Unidos de América Categoría:Cuba Categoría:Relacións bilaterais Categoría:Relacións bilaterais dos Estados Unidos de América