Teófilo González Calatrava, coñecido tamén como Teófilo G. Calatrava ou Teófilo Calatrava, nado en Madrid o 5 de marzo de 1897 e finado en Villar del Pedroso (Cáceres) a finais de marzo de 1980, foi un mestre, xornalista, escritor e político español.

Traxectoria

Estudou maxisterio na Escola Normal de Toledo, aprobando a reválida elemental en 1913.La Bandera Profesional, 1-7-1913, p. 2. Foi presidente da Sección de propaganda do Ateneo Escolar de Toledo,Patria Chica, 23-1-1914, p. 10. e en 1914 obtivo o título de mestre superior.La Bandera Profesional, 1-7-1914, p. 5. Foi xefe da estación de Miño ata 1925.El Ideal Gallego, 15-1-1925, p. 3. Mestre do Pósito de Miño dende 1925,El Ideal Gallego, 3-1-1925, p. 3. pasou en 1927 á escola de Rioxoán (Valonga, Pol) para volver en 1929 ao Pósito de Miño.El Ideal Gallego, 8-2-1929, p. 2. Pronunciou varias conferencias sobre os pósitos. Foi nomeado inspector dos pósitos marítimos do Instituto Social da Mariña en 1931.La Voz de la Verdad, 7-4-1931, p. 5. Foi candidato independente nas eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña,El Ideal Gallego, 27-6-1931, p. 1. pero non foi elixido. Foi un dos impulsores do Partido Republicano Radical en Miño. En xullo de 1934 foi nomeado inspector central do Instituto Social da Mariña,El Ideal Gallego, 25-7-1934, p, 4. e en agosto dese ano mestre da Escola de Orientación Marítima de Xixón,El Noticiero Gallego, 4-8-1934, p. 3. aínda que o seu nomeamento foi anulado por estar sometido a expediente administrativo.Gaceta de Madrid, 2-10-1934, p. 53. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, como funcionario do Ministerio de Traballo, foi nomeado xefe de Información e Publicacións do Instituto Social da Mariña. Formou parte da Asociación de Ganaderos de La Coruña. Instalado en Madrid, foi vicepresidente de Anaquiños da Terra e presidente da Comisión Pro Teatro Gallego.

Foi autor de varios libros, dirixiu a revista Hacer, órgano de reforma e programa dos pósitos,El Pueblo Gallego. 8-8-1933, p. 8. e colaborou asiduamente na prensa, principalmente en El Ideal Gallego, pero tamén en El Eco Toledano, El Magisterio Español, El Noroeste, España Marítima y Pesquera, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego e ABC, onde dirixiu a sección "Páginas del mar".

Finou en Villar del Pedroso (Cáceres) a finais de marzo de 1980.Hoja Oficial del Lunes, 31-3-1980, p. 4.

Obras Patria y juventud, 1930.El Compostelano, 15-11-1930, p. 1.

Ante las Cortes Constituyentes, 1931. La evolución de España, 1931. Habla el mar, 1948.

Lucha en paz, 1960.

Vida persoal

Casou en Miño con Rosalía Fernández Pardo, e foi pai de Benito e Teófilo Calatrava Fernández. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Teófilo González Calatrava Homenaje a la Vejez del Marino

Categoría:Profesores de España Categoría:Políticos de España Categoría:Escritores de España Categoría:Xornalistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1980