Fly by Night é o segundo álbum de estudio da banda canadense de rock Rush, publicado o 14 de febreiro de 1975 a través do selo Mercury Records. Foi o primeiro álbum de Rush en mostrar elementos do rock progresivo polos que a banda se deu a coñecer. Tamén foi o primeiro en contar co letrista e batería Neil Peart, quen substituíra ao batería orixinal John Rutsey o verán anterior, xusto antes da primeira xira norteamericana da banda. Peart convertitíase no principal letrista de Rush, e a abundancia de temas fantásticos e filosóficos nas súas composicións contrastaba moito co hard rock máis sinxelo do álbum de estrea da banda.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Rush Categoría:Álbums musicais de 1975 Categoría:Álbums producidos por Terry Brown Categoría:Álbums de Mercury Records