O Protocolo tunelizado é unha práctica na que un protocolo se encapsula dentro doutro para envialo a través dunha rede, que doutra forma o rexeitaría.

A creación de redes privadas virtuais ou a actividade maligna de ocultar código malicioso dentro doutro limpo como HTML (e así evitar a devasa do ordenador) son exemplos de tunelización.

Tipos

Orientados a datagramas: protocolos orientados, por exemplo, ás redes Ethernet como o PPPoE ou o IEEE 802.1. Orientados a fluxo: o TLS e o SSH (confidencialidade de información) son os exemplos máis clásicos.

Categoría:Protocolos de Internet