Maximino Misa Puga, nado en Parada (Nigrán) cara a 1903 e finado na mesma parroquia en decembro de 1962, foi un político galego.
Traxectoria Emigrado na Arxentina. Integrante da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, foi membro do comité de redacción do seu órgano Acción Gallega en 1930 e foi elixido secretario xeral da Federación en xuño de 1931.El Pueblo Gallego, 11-6-1931, p. 6. Retornado a Nigrán a finais de 1931, foi elixido presidente do Sindicato de Parada en xaneiro de 1935.El Pueblo Gallego, 5-1-1935, p. 3. Presidente da Federación Agraria de Nigrán, presidiu o acto de conmemoración do aniversario da proclamación da República organizado pola Federación Agraria de Nigrán e celebrado en San Pedro da Ramallosa o 14 de abril de 1935.El Tea, 24-4-1935, p. 4. Participou no congeso provincial agrario celebrado en Lavadores en novembro de 1935,El Pueblo Gallego, 27-11-1935, p. 2. e foi elixido presidente do congreso da Federación Agraria Provincial de Pontevedra celebrado en Gondomar en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 25-3-1936, p. 13.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Acusado de rebelión militar, foi xulgado en Vigo sendo a súa causa sobresida provisionalmente; Maximino foi posto a disposición da autoridade gobernativa. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1943.BOE, 2-12-1943, p. 4286. Finou en Parada en decembro de 1962.El Pueblo Gallego, 19-12-1962, p. 15. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Nigrán
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1962