Élan vital é un concepto introducido polo filósofo francés Henri Bergson en 1907 no seu libro L'Évolution créatrice (A evolución creadora). Trataríase dunha forza hipotética que causa a evolución e o desenvolvemento dos organismos, a cal Bergson relacionou estreitamente coa conciencia.S. Atkinson ed., The Philosophy Book (2011) p. 227 (en inglés)
Élan vital adoita traducirse por ímpeto vital. Tamén se considera este termo unha transcrición literal do que o filósofo estadounidense Ralph Waldo Emerson chamou vital force (forza vital).
Precursores
Poden atoparse anticipacións antigas deste concepto de Bergson nas obras do filósofo estoico precristián Posidonio, quen postulou unha "forza vital" emanada polo sol a todas as criaturas viventes na superficie da Terra, e tamén nas de Zenón de Elea.Eric Benre, A Layman's Guide to Psychiatry and Psychoanalysis (1976) p. 98-9 (en inglés) O concepto de élan vital tamén é similar ao concepto de Baruch Spinoza de conatus e o de Arthur Schopenhauer da "vontade de vivir",L. Vikka, The Intrinsic Value of Nature (1997) p. 56-7 así como ao sánscrito āyus ou "principio de vida".
Influencias O filósofo francés Gilles Deleuze intentou retomar a novidade da idea de Bergson no seu libro Bergsonism, aínda que o propio termo sufriu cambios substanciais por parte de Deleuze. Xa non o considera unha forza mística e evasiva que actúa sobre a materia bruta, como era nos debates vitalistas de finais do século XIX. O élan vital nas mans de Deleuze denota unha forza interna, unha substancia na que a distinción entre materia orgánica e inorgánica é indiscernible, e a aparición da vida indecidible.K. Ansell-Pearson, Germinal Life (2012) p. 21
A noción de élan vital tivo unha influencia considerable no psiquiatra e fenomenólogo Eugène Minkowski e o seu propio concepto dun élan persoal,H. Spiegelberg, Phenomenology in Psychology and Psychiatry (1972) p. 244 o elemento que nos mantén en contacto cun sentimento de vida (e que se perde no autismo).J. Picchione, The New Avant-Garde in Italy (2004) p. 16
En 1912 Beatrice M. Hinkle escribiu que a concepción da libido de Carl Gustav Jung era similar ao élan vital de Bergson.
O exército francés incorporou a doutrina do élan vital ao seu pensamento durante o período previo á primeira guerra mundial ao argumentar que o espírito dos soldados individuais era máis importante para a vitoria que as armas.
O historiador británico Arnold Toynbee considera o élan unha forza indispensable e decisiva para o proceso de crecemento das civilizacións, desenvolvido no seu A Study of History (Estudo da Historia), especialmente no volume III.
Críticas
A existencia dunha forza vital foi duramente criticada polos biólogos. O consenso xeral dos xenetistas é que non se encontra nos seres vivos ningunha "forza vital" á parte da matriz organizativa contida nos xenes mesmos, segundo R.F. Weir.R. F. Weir, ed., Genes and Human Self-Knowledge (1994) p. 37 O biólogo e humanista secular británico Julian Huxley afirmou secamente que o impulso vital de Bergson non era unha explicación mellor da vida que explicar o funcionamento dun motor de ferrocarril pola seu élan locomotivo ( "forza motriz locomotora"). A mesma suposta falacia epistemolóxica parodiase en Le Malade imaginaire (O doente imaxinario) de Molière, onde un charlatán "responde" á pregunta "por que o opio causa sono?" con "polo seu poder soporífero". Mihi a docto doctore / Demandatur causam et rationem quare / Opium facit dormire. / A quoi respondeo, / Quia est in eo / Vertus dormitiva, / Cujus est natura / Sensus assoupire. Le Malade imaginaire, (wikifonte frncesa) Porén, Huxley usou o termo élan vital nun sentido máis metafórico:
O autor e teólogo popular C. S. Lewis rexeitou o concepto de Bergson no seu ensaio The Weight of Glory afirmando "... incluso se toda a felicidade que prometeron puidiese chegar ao home na terra, aínda así cada xeración a perdería coa morte, incluída a derradeira das xeracións, e toda a historia non sería nada, nin sequera unha historia, polos séculos dos séculos. De aí todas as parvadas que o Sr. Shaw pon no discurso final de Lilith, e a observación de Bergson de que o élan vital é quen de superar todos os atrancos, talvez mesmo a morte, como se puidesemos crer que calquera desenvolvemento social ou biolóxico neste planeta pode atrasar a senilidade do sol ou reverter a segunda lei da termodinámica".C. S. Lewis, Essay Collection (2000) p. 99
Notas
Véxase tamén Outros artigos Emerxencia (filosofía) Enerxía (esoterismo) Ortoxénese Vitalismo
Categoría:Conceptos metafísicos Categoría:Henri Bergson Categoría:Conceptos filosóficos