A febre de Oropouche é unha enfermidade viral tropical causada polo virus Oropouche orthobunyavirus (OROV), un arbovirus do xénero Orthobunyavirus da familia Peribunyaviridae. É endémico na América Central e do Sur, con surtos tamén en partes do Brasil e outros países da rexión. (en portugués)

Epidemioloxía Foi descuberto por primeira vez en 1955 preto do río Oropouche en Trinidad e Tobago. As variacións na escrita, como "ourupuche" e "orepuche", débense a diferenzas fonéticas e ortográficas entre as linguas e dialectos da rexión onde se atopa a enfermidade, pero todas se refiren ao mesmo virus e condición.

A enfermidade foi detectada en varios estados do norte do Brasil en 2023 e pode converterse nun problema serio de saúde pública en calquera momento.

A Organización Panamericana da Saúde emitiu un alerta epidemiolóxico en febreiro de 2024 debido ao aumento na detección de casos na rexión da Amazonia brasileira e peruana. En maio e xuño de 2024 houbo unha epidemia do virus en Cuba. (en castelán)

Casos en Galiza En 2024, detectouse por primeira vez un caso de febre de Oropouche en Galiza, importado de Cuba. A pesar de que o vector principal, o mosquito Culicoides paraensis, non se atopa en Europa, non se descarta a posibilidade de que outras especies poidan actuar como vectores.

Transmisión A transmisión ocorre en dous ciclos: un silvestre, candodípteros, como mosquiñas e mosquitos pican do sangue de macacos e preguiceiros, e un urbano, afectando principalmente aos humanos. Os principais vectores son Aedes serratus e Coquillettidia venezuelensis para o ciclo silvestre, e Culicoides paraensis para o ciclo urbano.

Síntomas Os síntomas inclúen febre alta (entre 38 e 39.5 °C), dor de cabeza, calafríos, dor muscular e nas articulacións, vómitos e náuseas, e son semellantes aos do dengue, chikungunya e zika, pero sen casos graves reportados até o momento. En casos graves, pode haber hemorraxias excesivas e o sistema nervioso central pode verse afectado, con inflamación do encéfalo e das meninxes.

Tratamento e prevención Non existe un tratamento específico; o manexo é principalmente sintomático, incluíndo repouso e hidratación. Non se dispón de vacina, pero estanse realizando estudos para o seu desenvolvemento.

Notas

Véxase tamén Arbovirus Enfermidade tropical Epidemia Zoonose

Ligazóns externas

Arbovirus no CDC Arbovirus en SciELO

Categoría:Doenzas tropicais Categoría:Zoonoses