Heyneke Meyer, nado o 6 de outubro de 1967 en Nelspruit, é un adestrador surafricano de rugby, campión do Super 14 en 2007 cos Bulls e seleccionador dos Springboks entre 2012 e 2015. Traxectoria
Heineke Meyer comezou a súa carreira como adestrador en 1998 dirixindo ós SWD Eagles na Currie Cup. En 1999 traballou como axudante do seleccionador Nick Mallett durante a Copa do Mundo, e a continuación pasou a ocupar o posto de adestrador dos Blue Bulls na Currie Cup e dos Bulls no Super 12. Os Blue Bulls gañaron a Currie Cup en 2002, 2003 e 2004 con Meyer como adestrador. O nivel competitivo dos Bulls tamén medrou, chegando a disputar a semifinais nas tempadas 2005 e 2006.Heyneke Meyer profile , na páxina web de ESPN.
En 2007 os Bulls chegaron por primeira vez a unha final do Super 14. A final disputouse en Durban contra os Sharks. O resultado da final foi 19-20 a prol dos Bulls, que se converteron na primeira franquía surafricana campioa do Super 14. Despois dese triunfo Meyer foi considerado para substituír a Jake White á fronte dos Springboks, pero finalmente o elixido foi Peter de Villiers, quen levaba varios anos adestrando á selección júnior.
En xuño de 2008 Meyer foi anunciado como novo adestrador dos Leicester Tigers da Premiership inglesa, Heyneke Meyer is named head coach, na páxina web dos Leicester Tigers cargo ó que renunciou en xaneiro de 2009 por motivos de saúde nuns familiares.Statement on head coach Heyneke Meyer, na páxina web dos Leicester Tigers. Trala súa volta a Pretoria levou a cabo labores administrativas nos Bulls.
En xaneiro de 2012 foi elixido por unanimidade como novo seleccionador nacional de SuráfricaHeyneke Meyer offially appointed Bok head coach, na páxina web do xornal Rugby World. en substitución de Peter de Villiers, e asinou un contrato de catro anos. En decembro de 2015 foi anunciado o remate do ciclo de Heyneke Meyer á fronte da selección de SuráfricaHeyneke Meyer steps down as South Africa coach , na páxina web de ESPN. con saldo dun 66 % de partidos gañados e un terceiro posto na Copa do Mundo. En abril de 2018 foi anunciada a contratación de Heyneke Meyer polo club Stade Français de París.Meyer: “Le Stade Français deviendra l’un des plus grands clubs du monde”, no portal da web francesa especializada Rugbyrama. Na súa primeira tempada o club rematou nun discreto oitavo posto na clasificación. En decembro de 2019 foi anunciada renuncia de Meyer como adestrador do Stade Français por mor dos malos resultadosHeyneke Meyer leaves Stade Français with immediate effect, na páxina web de Sky Sports. trala derrota no derbi de París cando o equipo ocupaba a última posición na liga.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Super 14 2007 Copa do Mundo de Rugby 2015
Meyer Categoría:Nados na provincia de Mpumalanga Categoría:Nados en 1967