Enrique Pereira Ibáñez, nado en Redondela cara a 1913 e finado en Colombia en abril de 1977, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Fillo de José Pereira Míguez e Carmen Ibáñez Araujo. Estudou Químicas na Universidade de Madrid.El Pueblo Gallego, 16-10-1934, p. 14. Doutor en Ciencias Químicas en 1935.El Pueblo Gallego, 16-9-1935, p. 10. Estaba matriculado nas oposicións a Cátedras de Institutos en xullo de 1936.BOE, 15-7-1936, 584. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi profesor das escolas de aviación no exército leal.Gaceta de la República, 16-4-1937, p. 237. Foi capitán de aviación do exército republicano.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 9-8-1938, p. 526. Cando rematou a guerra foi detido. Xulgado en consello de guerra por adhesión á rebelión, foi condenado a pena de morte. Conmutada a 30 anos, estivo preso na Prisión Provincial de Murcia, onde ingresou o 9 de setembro de 1939; foi trasladado á prisión de Figueirido en xaneiro de 1940, de onde pasou ao Destacamento Penal das Minas de Silleda en 1943. volvendo ao ano seguinte á prisión de Figueirido. Saíu en liberdade provisional en 1947.BOE, 7-8-1947, p. 4440. Instalouse como industrial en Vigo. En 1960 trasladouse a Colombia para facerse cargo da dirección dunha empresa metalúrxica.El Pueblo Gallego, 23-9-1960, p. 7. Foi profesor de enxeñería da Universidade de Tunja. Morreu en Colombia en abril de 1977.El Pueblo Gallego, 29-4-1977, p. 16.
Obras Los carbones de Colombia, fuente de energía, de trabajo y de divisas, 1971.Ficha
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con Elisa Pereiro Miguens en 1952,El Correo Gallego, 20-12-1952, p. 5. e foi pai de Enrique, Elisa, Pilar e Javier Pereira Pereiro. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente personal del recluso Enrique Pereira Ibañez. Prisión Provincial de Murcia.
Categoría:Profesores de universidades de Colombia
Categoría:Galegos de Colombia
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Exilio galego
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1977