The Triffids foi unha banda australiana de rock alternativo e pop, formado en Perth en maio de 1978 con David McComb como cantante, compositor, guitarrista, baixista e teclista. Lograron certo éxito en Australia, pero triunfaron sobre todo no Reino Unido e Escandinavia na década de 1980 antes de disolverse en 1989. As súas cancións máis coñecidas son "Wide Open Road" (febreiro de 1986) e "Bury Me Deep in Love" (outubro de 1987). A canle de televisión SBS presentou o seu álbum de 1986, Born Sandy Devotional, na serie Great Australian Albums en 2007, e en 2010 ocupou o quinto lugar no libro The 100 Best Australian Albums de Toby Creswell, Craig Mathieson e John O'Donnell.
Segundo o historiador da música Ian McFarlane, "The Triffids segue sendo un dos grupos post-punk máis queridos de Australia... McComb... infundiu as súas melancólicas cancións con imaxes austeras pero fermosas e exclusivamente australianas. Poucos compositores lograron captar o sentimento de illamento e fatalista sensación de desesperación do rural australiano".
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Treeless Plain 1983 Hot Records/Rough Trade Records Born Sandy Devotional 1986 White Hot Records In the Pines 1986 White Hot Records Calenture 1987 Island Records The Black Swan 1989 Island Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Australia Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de country Categoría:Grupos musicais formados en 1978