Tahliah Debrett Barnett, nada o 16 de xaneiro de 1988 e coñecida profesionalmente como FKA Twigs, é unha vocalista, compositora e bailarina británica. Foi bailarina de apoio para numerosos músicos, e fixo o seu debut musical con EP1 no ano 2012. O álbum de estrea de Barnett, LP1 (2014), alcanzou o número 16 na lista de álbums do Reino Unido e o número 30 na Billboard 200 dos Estados Unidos. Ese ano sería nomeada ao Mercury Prize. En 2015 lanzou o EP M3LL155X e fixo unha pausa de catro anos, publicando despois o seu segundo álbum de estudio, Magdalene (2019). Despois de fichar por Atlantic Records, lanzou o mixtape Caprisongs en 2022. O seu traballo gañou aclamación e foi descrito como unha "mestura de xéneros", baseándose en varios estilos como música electrónica, trip hop, R&B e música de vangarda.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo LP1 2014 Young Turks Magdalene 2019 Young Turks Eusexua 2025 Young Turks

EPs Álbum Ano Selo EP1 2012 Young Turks EP2 2013 Young Turks M3LL155X 2015 Young Turks

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Músicos do Reino Unido Categoría:Vocalistas Categoría:Bailaríns