Salival é unha caixa en formatos CD/VHS e CD/DVD editada o 12 de decembro do 2000 pola banda de metal progresivo estadounidense Tool. Inclúe un libro de 56 páxinas con fotografías e imaxes dos seus vídeos musicais.
O tema "You Lied" é unha versión de Peach, a anterior banda do baixista Justin Chancellor. A versión da canción de Led Zeppelin "No Quarter" foi gravada orixinalmente para a banda sonora de Private Parts, pero Tool finalmente non permitiu o seu uso na película.
Categoría:Box Sets Categoría:Álbums de Tool