Enrique Mariñas Romero, nado en Madrid en 1912 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1979, foi un locutor de radio galego.Ficha en Galegos

Traxectoria Nado en Madrid, a familia instalouse na Coruña cando el tiña seis meses, e alí naceron os seus irmáns. Aos vinte e un anos licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou como locutor en Radio Coruña desde a súa fundación en 1934, mais ese mesmo ano foi nomeado director de Radio Nacional de España na Coruña, cargo que mantivo ata o seu pasamento. Destacou especialmente nas retransmisións de fútbol, traballando durante trinta anos canda Matías Prats.

Os alcaldes Alfonso Molina e Sergio Peñamaría de Llano nomeárono concelleiro.

Vida persoal Casou con Mª Carmen Lage, coa que tivo sete fillos, entre eles os xornalistas Enrique (falecido nun accidente de coche en 1973), JorgeAdiós a Jorge Mariñas, un pionero de los espacios deportivos de TVG e Luis Mariñas.

1997ñecementos Recibiu a medalla de prata ao mérito deportivo, as cruces do mérito militar e naval e a medalla de prata ao mérito no traballo. Foi galardoado con tres premios Ondas.

En 1997 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa no barrio de Matogrande.

Obras La jugada final, recompilación de artigos"La jugada final", libro de Enrique Mariñas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades da radio de Galicia