The Band é o segundo álbum de estudio da banda de rock The Band, publicado o 22 de setembro de 1969 a través do selo Capitol Records. O disco tamén é coñecido como The Brown Album. Segundo as notas de Rob Bowman para a reedición de 2000, The Band foi visto como un álbum conceptual, coas cancións centrándose en persoas, lugares e tradicións asociadas a unha versión máis antiga de Americana.Bowman, Rob (2000). The Band (notas do libreto). The Band. Capitol Records. 72435-25389-2-8 Así, as cancións deste disco botan man de temas históricos en "The Night They Drove Old Dixie Down", "King Harvest (Has Surely Come)" e "Jawbone" (que foi composta co infrecuente compás de 6/4).
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Band Categoría:Álbums musicais de 1969 Categoría:Álbums producidos por John Simon Categoría:Álbums de Capitol Records