O raposo grande e malo e outros contos (en ) é un filme franco-belga de 2017 dirixido por Benjamin Renner e Patrick Imbert. O filme é unha adaptación das obras de banda deseñada de Renner. Orixinalmente concibido como varios especiais de televisión de media hora, o proxecto foi reestruturado como unha longametraxe con historias curtas. Consta de tres historias: "Un bebé para entregar", "Un raposo grande e malo" e "Hai que salvar o Nadal".
Estreuose orixinalmente no Festival de Cinema de Annecy o 15 de xullo de 2017 e posteriormente a través de StudioCanal en Francia o 21 de xuño. Estreouse dobrado en galego na plataforma do Xabarín en 2024.
Sinopse O filme comeza nun teatro cun grupo de animais preparando un espectáculo. O raposo, o presentador do espectáculo, dille ao público que compartirán tres historias diferentes, a maioría delas transcorren nunha granxa francesa dirixida por animais. Despois de falar co público, a obra comeza cando os animais lle din ao raposo que xa están listos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego Categoría:Xabarín Club