Rosario Sarmiento Escalona, nada en Santander o 8 de outubro de 1957, é crítica de arte, comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo en Galicia.

Traxectoria Licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1979. Ten ampla experiencia profesional como xestora cultural, dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia (1996-2014) e foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia (2005-2011). Dirixiu o documental Arte+Muller+Galicia, que recibiu o Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña no ano 2018.

Coordinou a exposición Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada (2021).

Obra María Antonia Dans (Deputación da Coruña, 2022).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Rosario Sarmiento Escalona na páxina web do Consello da Cultura Galega.

Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1957 Categoría:Críticos da arte