miniatura|Portada do Manifesto do Partido Comunista (1848), edición facsímile de 1965 Un manifesto é unha declaración escrita das intencións, motivos ou puntos de vista do emisor, xa sexa un individuo, grupo, partido político ou goberno.Merriam-Webster online dictionary definition of Manifesto ., article on "Wahlprogramm", literally "election programme".Dictionary.com definition of Manifesto .David Robertson, The Routledge Dictionary of Politics, Edition 3, Psychology Press, 1890 p. 295 , , 9780415323772 Un manifesto adoita aceptar unha opinión publicada previamente ou un consenso público ou promover unha nova idea con nocións prescritivas para levar a cabo os cambios que o autor cre que se deben facer. A miúdo é de natureza política, social ou artística, ás veces revolucionaria, pero tamén pode presentar a postura vital dun individuo. Os manifestos relacionados coas crenzas relixiosas denomínanse xeralmente credos ou confesións de fe.
Etimoloxía A palabra manifesto deriva do latín manifestum, que significa claro ou conspicuo. En inglés, o primeiro uso rexistrado é de 1620, na tradución de Nathaniel Brent da Historia do Concilio de Trento de Paolo Sarpi.
Manifesto en política Nalgunhas democracias parlamentarias, os partidos políticos preparan manifestos que determinan a súa dirección estratéxica, así como os esbozos de futuras lexislacións en caso de gañar apoio suficiente nunhas eleccións. Entre os manifestos máis célebres poden nomearse a Declaración de Independencia dos Estados Unidos, Mein Kampf, A riqueza das nacións, o Manifesto Comunista etc.
Manifesto en arte Na arte, a partir das vangardas, adoita chamar manifesto a unha expresión reivindicativa que simboliza a vontade de estilo dun grupo de artistas ou dun movemento. Pode ser un escrito que se publica, como El museo pictórico y escala óptica (1715), do pintor español Antonio Palomino, o Manifesto futurista de Filippo Tommaso Marinetti (1909), ou o Manifesto neoplasticista de Piet Mondrian (1917), o Primeiro manifesto de Tristan Tzara (1918), ou o Manifesto surrealista de André Breton (1924); ou pode ser unha obra de arte que se considera que simboliza e resume o que ese movemento propón, como Le Déjeuner sur l'herbe de Manet (1862) para o impresionismo ou La Vita nuova de Dante Alighieri para o renacemento.
Notas
Categoría:Manifestos