O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é un museo municipal de Vilalba. As súas actividades céntranse na investigación, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía.

Historia Foi fundado e dirixido polo médico e arqueólogo José María Ramil Soneira.Mañana se oficiará en Santa María de Vilalba el funeral de entierro de José Ramil Soneira. Diario La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014. Dende o pasamento de Ramil Soneira en 2014, o director do centro é o seu fillo, Eduardo Ramil Rego."Presentan el libro póstumo de José Ramil Soneira", artigo en El Pregreso, 14 de abril de 2016 . A súa sede trasladouse á Rúa Dr. Domingo Goas, nº2 no verán de 2002.

Exposicións A súa temática vai dende o Paleolítico ata a época romana no noroeste da Península Ibérica. Os materiais arqueolóxicos proveñen de depósitos particulares e das descubertas de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo ou outras entidades.

Conta cunha exposición permanente que ten a máis completa colección de materiais do Paleolítico ao Mesolítico de toda Galicia. Contén tamén os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte atopado no país, un colgante procedente da estación paleolítica de Férvedes II (Xermade). Está feito posiblemente de esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico.

Publicacións Férvedes, unha revista científica editada polo propio museo.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Museos de Galicia Cultura castrexa Arte paleolítica en Galicia

Categoría:Vilalba Categoría:Museos arqueolóxicos Categoría:Museos da provincia de Lugo