Os eumetazoos (ou eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos.

Características Os eumetazoa caracterízanse por ter capas xerminativas, como son o ectoderma, endoderma e opcionalmente mesoderma, por formar auténticos tecidos a partir da especialización celular, pola posesión de órganos, e por ter unha cavidade dixestiva limitada por un orificio bucal, que pode perderse por adaptación ao parasitismo.

Dentro dos eumetazoa, a maioría pertence á rama dos Bilateria. Fóra deste só contan dous filos que presentan simetría radial, carecen de órganos propiamente ditos e teñen cavidades dixestivas cunha soa abertura, que cumpre funcións tanto de inxestión como de excreción. Estes son os Cnidaria, (que abarca as Anemones, os corais e as medusas) e os Ctenophora.

Os Bilateria, pola súa banda, presentan simetría bilateral, órganos diferenciados e un corpo triploblástico, coas tres capas xerminativas ben diferenciadas.

Clasificación Radiata (sen clasificar) Ctenophora Cnidaria Bilateria (sen clasificar) Orthonectida Rhombozoa Chaetognatha Superphylum Deuterostomia Chordata Hemichordata Echinodermata Xenacoelomorpha Vetulicolia † Protostomia (sen clasificar) Superphylum Ecdysozoa Kinorhyncha Loricifera Priapulida Nematoda Nematomorpha Onychophora Tardigrada Arthropoda Superphylum Platyzoa Platyhelminthes Gastrotricha Rotifera Acanthocephala Gnathostomulida Micrognathozoa Cycliophora Superphylum Lophotrochozoa Sipuncula Hyolitha † Nemertea Phoronida Bryozoa Entoprocta Brachiopoda Mollusca Annelida Echiura

Véxase tamén

Ligazóns externas Bilateria. Tree of Life web project, US National Science Foundation. 2002. 6 Jan 2006.