O castro de Codesido é un castro situado no lugar de Ferreira, na parroquia de Codesido, no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición Dentro da croa atópanse a igrexa e mailo cemiterio parroquiais.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía. O castro ten planta circular moi alterada, mais conserva parte do muro. Atópase a unha altitude de 477 metros sobre o nivel do mar e mide 110 metros no eixo norte-sur e 127 no eixo leste-oeste. O castro posúe un manancial no interior da croa.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Lenda Existe unha historia de mouros no castro e que había un túnel polo que baixaban os mouros beber ao rego da Pipa, que se atopa a 700 metros do castro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995). Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63. RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4. Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Codesido