Meredith Whittaker é unha investigadora estadounidense, especializada en ética da intelixencia artificial na Universidade de Nova York.
Traxectoria Meredith traballou durante 13 anos en Google e fundou con Kate Crawford o AI Now Institute. En 2021 uniuse á Comisión Federal de Comercio como asesora principal en intelixencia artificial.
O 12 de setembro de 2022 converteuse en presidenta da Signal Foundation, da mensaxería Signal, en substitución de Moxie Marlinspike, despois da súa dimisión. É unha das voces máis críticas contra a falta de ética das grandes tecnolóxicas.
O seu libro Origin Stories: Plantations, Computers, and Industrial Control (La plantación y la computadora. Tres ensayos sobre IA, trabajo y esclavitud, en castelán), parte da figura de Charles Babbage, que vinculou os sistemas de control escravistas do Imperio Británico co desenvolvemento industrial, para desmontar a separación entre a escravitude e o capitalismo industrial, e mostra os vínculos evidentes entre computación, tecnoloxía das plantacións e control laboral.
Notas
Categoría:Investigadores da intelixencia artificial Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados nos Estados Unidos de América