miniatura|Obxecto 3D rasterizado conformado por píxeles volumétricos (voxel, en inglés). En gráficos por ordenador, síntese de vistas é unha tarefa que consiste de xerar imaxes dunha contorna ou escena desde un punto de vista específico, cando a única información dispoñíbel consiste nun conxunto de imaxes tomadas desde puntos de vista concretos. miniatura|Vista cenital da cidade de Londres. Tradicionalmente empregábase a fotogrametría como técnica de medición das dimensións de obxectos a partir dun conxunto de imaxes limitado. As aplicacións da fotogrametría eran maiormente a cartografía, arquitectura, o control de estruturas e a planificación urbanística. miniatura|Rede neuronal adestrada para recoñecer puntos de interese (landmarks) nunha imaxe. A finais da década de 2010 e comezos dos 2020's xurdiron técnicas apoiadas en aprendizaxe automática, redes neuronais e outros métodos de intelixencia artificial. Algunhas das ferramentas de maior éxito foron os campos de radiación neural NeRF e o splatting gaussiano, ambas empregadas para xerar imaxes, vídeos e contornas 3D, moitas veces en tempo real.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fotogrametría NeRF Splatting gaussiano
Categoría:Gráficos por ordenador