Manuel Somoza Cambero, nado en Fiolleda (Monforte de Lemos) en 1815 e finado en Valladolid o 16 de febreiro de 1893, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Participou nos acontecementos violentos de Madrid de 1848. Fracasado o levantamento, tratou de provocar un alzamento en Galicia. Fracasada, foi detido e trasladado ao cárcere do Saladero de Madrid. En 1854 formou parte da xunta de militares e civís que iniciou o levantamento dese ano. Foi elixido deputado por Lugo en 1854, pero renunciou en decembro dese ano.BOP Lugo, 5-2-1855, p. 1. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 16 de agosto de 1854,El Libre Pontevedrés, 17-12-1854, p.2. permanecendo no cargo ata que foi nomeado gobernador civil de Zamora o 20 de agosto de 1856,BOP Zamora, 17-9-1856 p. 2-3. cesando o 25 de outubro de 1856. Foi designado inspector administrativo de Ferrocarrís en Comisión o 13 de agosto de 1864. Finou en Valladolid o 16 de febreiro de 1893.El Siglo futuro, 18-2-1893, p. 3.
Recoñecementos Orde de Isabel a Católica, 1866.
Gran Curz de Carlos III, 1870. Vida persoal Era irmán de Ramón Somoza Cambero, que finou en Monforte de Lemos en 1887.Crónica de Pontevedra, 4-10-1887, p. 2. Casou con Carlota Gutiérrez de los Ríos e foi pai de Emilia Somoza Gutiérrez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
1853, año del hambre en Galicia
Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Zamora Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1813 Categoría:Finados en 1893