Andrew Willoughby Ninian Bertie, nado en Londres, Reino Unido, o 15 de maio de 1929, e finado en Roma, Italia, o 7 de febreiro de 2008, foi un aristócrata inglés e o LXXVIII (78º) príncipe e gran mestre da Orde de Malta, cargo que ocupou durante case 20 anos. Foi o primeiro inglés en ser elixido gran mestre de devandita Orde dende o ano 1258. É venerado na Igrexa católica, sendo declarado Servo de Deus polo papa Francisco. A súa festa celébrase cada ano o 7 de febreiro.
Traxectoria
Primeiros anos Bertie naceu en Londres, fillo de James Bertie e de Jean Crichton-Stuart (ambos de ascendencia nobre). Foi educado no colexio católico privado de Ampleforth, e graduouse en Historia Moderna en Christ Church. Tamén tomou clases na Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres. De 1948 a 1950 realizou o servizo militar nos "Scots Guards" do exército británico, chegando ao grao de oficial en 1949. Despois dun primeiro contacto co sector comercial, ensinou linguas modernas (particularmente francés e castelán) durante vinte anos no Worth School, un colexio privado da Orde de San Bieito no Condado de Sussex, en Inglaterra.
Época como gran mestre Bertie foi admitido na Soberana Orde de Malta en 1956. Alcanzou o grao de Cabaleiro da Xustiza, tomando os Votos Perpetuos en 1981.
Uniuse ao goberno da Orde en 1981 e en abril de 1988 foi elixido como 78º gran mestre. Posteriormente converteuse en Hospitalario do Santuario de Lurdes, que é o lugar de peregrinación anual da Orde.Vatican Radio - Pope Mourns Fra' Bertie Sucedeu a Angelo de Mojana, un nobre de Milán que servira na Orde dende 1962. Aínda que a Orde é considerada como unha entidade soberana, é unha orde relixiosa da Igrexa católica, polo que a elección de Bertie necesitou da ratificación do Papa, Xoán Paulo II, que se obtivo o 11 de abril de 1988.
Vida persoal Nunca casou nin tivo fillos. Tiña un irmán máis novo. Era tío afastado da raíña Isabel II do Reino Unido.Como descendente común do rei Xurxo III do Reino Unido e da súa muller Carlota de Mecklemburgo-Strelitz.
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Grandes mestres da Orde de Malta Categoría:Medalla de Ouro de Galicia