Óscar Sielva Moreno, nado en Olot o 6 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria Nacido en Olot, formouse como futbolista nas canteiras do Santa Roc e o Garrotxa, antes de ingresar en 2006 nas categorías inferiores do Espanyol. O 30 de agosto de 2008, á idade de 17 anos e 24 días e sen ter vestido nunca a camiseta do filial, debutou co primeiro equipo na Primeira División, no partido inaugural da tempada ante o Real Valladolid, encontro no que substituíu ao histórico Iván de la Peña no treito final. Xogou cinco partidos máis esa tempada, antes de fracturar dúas veces a clavícula.
Para a tempada 2009/10 foi cedido ao FC Cartagena, que viña de ascender á Segunda División. Con todo, só disputou pouco máis de 400 minutos durante a campaña, na que se enfrontou a miúdo co adestrador Juan Ignacio Martínez, que o quería facer xogar fóra de posición, como extremo. En xaneiro de 2010 regresou á estrutura do Espanyol para xogar co filial,'Culebrón' Sielva: puede marcharse libre al Celta (Sielva 'soap opera': he may join Celta for free); Diario AS, 23 June 2010 (in Spanish) no que militou ata novembro de 2011, cando se incorporou ao equipo B do Málaga CF.
Deixou o Atlético Malagueño ao remate da tempada 2012/13 e posteriormente estivo a proba no Barcelona B, Girona El Girona contacta amb Òscar Sielva per completar el pivot (Girona contact Òscar Sielva to complete central midfield); Diari de Girona, 7 August 2013 (in Catalan) e Swansea City sen éxito.
O 17 de xuño de 2014, despois dun ano sen equipo, fichou pola UE Olot, da Segunda División B. Nos seguintes anos xogou tanto en Segunda B como en Terceira, defendendo as camisetas de Marbella FC, CE Europa, Somozas, Rápido de Bouzas e Ponferradina.
Titular indiscutible no equipo berciano, en 2019 conseguiu o ascenso á Segunda División, categoría na que xogou durante as seguintes campañas, coa propia Ponferradina primeiro e máis tarde co Eibar e o Huesca.
Selección nacional Membro habitual da selección española sub-17, xogou un papel fundamental no triunfo desta na Eurocopa de 2008 celebrada en Turquía.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Olot Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores da UE Olot Categoría:Xogadores do Marbella FC Categoría:Xogadores do CE Europa Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do SD Huesca