O Clube Mariño Salnés é unha asociación deportiva e cultural fundada en Cambados en 1998. O seu obxecto social é a conservación, práctica, e promoción da navegación tradicional galega e a cultura mariñeira. Traxectoria A asociación conta cunha frota de tres dornas, coas que practica a navegación recreativa e competitiva durante a temporada estival. Parte da súa actividade é a organización de regatas de embarcacións tradicionais, exposicións divulgativas, e colaboración con outras entidades e asociacións na promoción da cultura tradicional galega no eido da navegación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da asociación

Categoría:Navegación Categoría:Cambados Categoría:Asociacións culturais de Galicia