miniatura|dereita|Castelo Drottningholm miniatura|dereita|Castelo de Estocolmo miniatura|dereita|Igrexa de Federico en Karlskrona

Nicodemus Tessin o Novo, nado en Estocolmo o 23 de maio de 1654 e finado o 10 de abril de 1728 na mesma cidade, foi un dos máis importantes arquitectos de Suecia arredor de 1700.

Traxectoria Era fillo do arquitecto da corte Nicodemus Tessin o Vello. Nicodemus Tessin foi tamén arquitecto da corte desde 1676, é arquitecto municipal de Estocolmo entre 1682–1715 e conselleiro real desde 1712. O seu fillo, o conde Carl Gustaf Tessin, foi un influente político sueco da súa época.

Foi educado polo seu pai. De 1673 a 1680 viaxou por Europa, visitando Inglaterra, Francia e Italia. En Italia, mercé a recomendación da raíña Cristina de Suecia, estudou no taller de Bernini entre 1675 e 1678. Esta viaxe de formación tería grande influencia na súa produción arquitectónica. Volto a Roma en 1687, Tessin frecuenta o estudo do pintor Giovan Battista Gaullì, dito Baciccio.

A súa principal realización foi o vasto pazo real de Estocolmo que iniciou en 1697. A morte do seu pai, proseguirá e completará o Castelo Drottningholm.

Obras (selección) Castelo Drottningholm, Lövö, completou a obra do seu pai. Castelo Steninge, Märsta (1694-98), con influencias de Vaux-le-Vicomte. Castelo Gottorf, en Schleswig, para o duque Friedrich IV de (Schleswig-Holstein-Gottorf). Pazo Real de Estocolmo, aquí con influencias de Bernini e o seu proxecto do Louvre. Casa do Concello de Södra, Estocolmo. Palacete Tessinska palatset, Estocolmo. Dreifaltigkeitskirche en Karlskrona, na que continúa a obra do seu pai. Friedrichskirche (Igrexa de Federico) en Karlskrona, de planta basilical. A fachada está inspirada en Santa Trinità dei Monti de Roma. Foi proxectada en 1690, mais a construción no se comezou ata 1720. Igrexa da Santa Trindade, en Karlskrona; era a igrexa da comunidade alemá residente na cidade,, polo que era coñecida como a "igrexa alemá". Ardeu en 1690, sendo reconstruída consonte o proxecto de Tessin. Kung Karls Kyrka (Igrexa do rei Carlos) en Kungsör Castelo Sturefors

Categoría:Arquitectos do Neoclasicismo Categoría:Arquitectos do Barroco Categoría:Nados en 1654 Categoría:Finados en 1728 Categoría:Nados en Estocolmo