Pablo Sáenz Ezquerra, nado en San Adrián o 22 de maio de 2001, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Granada, da Segunda División.

Traxectoria Nacido en San Adrián, formouse como futbolista nas canteiras do CD San Adrián, o CD Falcesino, a Brooke House Football Academy e o Calahorra. En 2019 debutou co filial do Calahorra na Terceira División e o 28 de maio de 2022 xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, nun partido da Primeira Federación ante o Talavera de la Reina.

Na primeira metade da tempada 2022/23 xogou cedido no CD Alfaro da Segunda Federación. En xaneiro de 2023, ante a falta de minutos, foi recuperado polo seu club e asignado definitivamente ao equipo principal.

En xullo de 2023, tralo descenso co Calahorra, fichou polo Granada B. Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 24 de maio do ano seguinte, substituíndo a Ricard Sánchez nunha derrota por 7-0 ante o Girona FC.

Notas

Categoría:Nados en San Adrián Categoría:Nados en 2001 Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Calahorra Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Granada CF