Ramón Bou Gil, nado en La Mata (Castelló) o 14 de decembro de 1898 e finado en Piñeira (Monforte de Lemos) o 16 de agosto de 1936, foi un mestre e político español.
Traxectoria Aprobou as oposicións de maxisterio en 1934.El Magisterio Español, 4-8-1934, p. 12. Mestre en Castillón. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Pantón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas e asasinado en Piñeira o 16 de agosto de 1936 xunto con Manuel Castro Álvarez e José Ramón González Vidal. Abriuse a causa militar 1327/36 contra elementos das forzas da orde pola súa morte, que foi sobresida. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOP Lugo, 27-9-1941, p. 1.
Vida persoal
Casou con Ana María Carrillero.El Progreso, 10-11-1936, p. 4. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Profesores de España Categoría:Concelleiros de Pantón Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na provincia de Castelló Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936