Lesley Ann Manville, nada en Brighton o 12 de marzo de 1956, é unha actriz inglesa de teatro, cinema e televisión.
Traxectoria Manville naceu en Brighton, East Sussex, filla de Norma (coñecida como Jean), ex bailarina de ballet, e de Ron Manville, taxista. Creceu na veciña Hove e foi a menor de tres irmás. Preparouse como cantante soprano desde os 8 anos e foi dúas veces campioa sub-18 de Sussex. Comezou a actuar candro era adolescente, aparecendo en series de televisión como King Cinder. Aos 15 anos obtivo unha praza na Italia Conti Academy of Theatre Arts. Alí coñeceu a súa primeira parella, o actor e presentador de Blue Peter, Peter Duncan.
Recibiu diversos recoñecementos no teatro, entre eles o Premio Laurence Olivier á mellor actriz polo seu papel na obra Ghosts estreada no Almeida Theatre de Londres en 2014 e unha candidatura na mesma categoría pola obra Grief, estreada no Royal National Theatre.
En televisión, apareceu como convidada na popular serie británica Agatha Christie's Poirot, onde interpretou a señora Lorrimer. No cinema foi galardoada como a actriz británica do ano polo London Critics Circle polas súas interpretacións en All or Nothing (2002) e Another Year (2010), polo que tamén foi candidata ao premio da BAFTA a mellor actriz secundaria e recibiu o premio do National Board of Review á mellor actriz, ambos en 2010. Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria por Phantom Thread (2017) e ao Emmy á mellor actriz secundaria nunha serie dramática pola súa interpretación da Princesa Margaret, Condesa de Snowdon na serie The Crown..
Manville foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) nas Honras de Aniversario de 2015 celebradas para a raíña Isabel II polos seus servizos ao teatro, e en 2020 foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico nas Honras de Aninovo de 2021 polos seus servizos ao teatro e á caridade.
Vida persoal O primeiro marido de Manville foi o actor Gary Oldman, con quen tivo un fillo, Alfie Oldman (nado en 1988). O seu segundo matrimonio foi co actor Joe Dixon.
Filmografía Ano Filme Personaxe Notas1985 Bailar cun estraño Maryanne 1987 Sammy and Rosie Get Laid Margy 1987 High Season Carol 1988 High Hopes Laetitia Boothe-Braine 1996 Secrets & Lies Jenny Ford 1999 Milk Fiona 1999 Topsy-Turvy Lucy Gilbert 1999 Toy Boys Mrs. Allen Curtametraxe2002 All or Nothing Penny 2004 Vera Drake Mrs. Wells 2005 The Great Ecstasy of Robert Carmichael Sarah Carmichael 2007 Richard Is My Boyfriend Mother 2007 Sparkle Jill 2009 A Christmas Carol Mrs. Cratchit Voz2010 Another Year Mary 2010 Womb Judith 2013 Romeo and Juliet Nurse 2013 A Five Star Life Kate Sherman 2013 Spike Island Margaret Titchfield 2013 The Christmas Candle Bea Haddington 2014 Maleficent Hada Flittle 2014 Mr. Turner Mary Somerville 2015 Molly Moon and the Incredible Book of Hypnotism Miss Adderstone 2016 Rupture Dr. Nyman 2017 Unha cita no parque Fiona 2017 Phantom Thread Cyril Woodcock 2019 Ordinary Love Joan 2019 Maleficent: Mistress of Evil Hada Flittle 2020 Misbehaviour Dolores Hope 2020 Let Him Go Blanche Weboy 2022 Mrs. Harris Goes to Paris Ada Harris Tamén produtora executiva2023 The Critic Annabel Land 2024 Back to Black Cynthia Winehouse 2024 Queer
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en The Independent, 2010
Categoría:Nados en Brighton Categoría:Nados en 1956 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra