Un videoxogo de acción é un xénero de videoxogos que enfatiza os retos físicos, incluíndo a coordinación e o tempo de reacción. O xénero inclúe unha gran variedade de subxéneros, como os videoxogos de loita, videoxogos de disparos, videoxogos de ritmo e videoxogos de plataformas. Os videoxogos de campo de batalla multixogador en liña e algúns de estratexia en tempo real tamén se consideran videoxogos de acción.

O xénero de acción inclúe calquera videoxogo onde o xogador supera os retos por medio das súas habilidades de precisión e tempo de resposta. Ás veces os videoxogos de acción poden incorporar outros retos como carreiras, crebacabezas ou recoller obxectos, pero non son imprescindibles no xénero. Os xogadores poden atopar retos tácticos e de exploración, pero normalmente requiren precisión, unha alta velocidade de reacción e unha boa coordinación coas mans. O xogador adoita estar baixo presión e non hai tempo suficiente para unha planificación estratéxica complexa. Polo xeral, os xogos de acción máis rápidos son máis difíciles. Ás veces os xogos de acción poden implicar a resolución de crebacabezas, pero normalmente son bastante sinxelos xa que o xogador está baixo presión constante.

Notas

Categoría:Xéneros de videoxogos