Brandán é un nome propio masculino galego.
En xaneiro de 2023 existían 86 varóns en Galicia co nome Brandán, cunha media de idade de 20,6 anos.Brandán na web do Instituto Galego de Estatística.
Etimoloxía A súa orixe é o irlandés Breandán, que á súa vez deriva do irlandés antigo Brénainn (pronounciado [br'ēn-in'], que deriva da verba galesa breenhín, que quere dicir "un príncipe". A forma latina medieval do nome Brendanus influíu nas formas irlandesa e inglesa moderna (Brendan).
Non hai ningunha ligazón etimolóxica entre Brandán (ou Brendan) e o nome de muller Brenda, which cited: nome de orixe nórdica co significado de espada ou facho. O nome masculino Brandon podería vir de Brandán.
Brandán noutras linguas Bretón: Brandan / Brendan Castelán: Brendán / Brandano / Brandán Catalán: Brandà Francés: Brendan Inglés: Brendan Irlandés: Brennain Portugués: Brandão
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Bran (nome) Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe celta Categoría:Nomes masculinos galegos