Maggie Kuhn, nada o 3 de agosto de 1905 en Buffalo (Nova York) e finada o 22 de abril de 1995 en Filadelfia, foi unha activista política estadounidense.
Traxectoria Despois dunha longa traxectoria profesional ao servizo de distintas asociacións cristiás, como a YWCA e a Igrexa Presbiteriana dos Estados Unidos, foi forzada a retirarse por esta última en 1971 debido á súa avanzada idade. Nese ano funda as Gray Panthers, en galego "Panteiras Grises", dedicada a loitar contra as discriminacións por razón de idade. Maggie Kuhn, que xa caracterizara a súa actividade profesional precedente pola abordaxe do tema da sexualidade en contextos cristiáns, incorpora ás Gray Panthers a cuestión, considerada polémica, da sexualidade nas persoas de idade avanzada.
Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Buffalo, Nova York Categoría:Finados en 1995